Lluís Ricart Benavent, coñecido como Sito Ricart, nado en Sant Just Desvern o 28 de xaneiro de 1999, é un xogador de hóckey a patíns catalán, que xoga como defensa-medio no Deportivo Liceo da OK Liga.
Traxectoria
Nado en Sant Just Desvern, formouse como xogador de hóckey a patíns na canteira do Caldes, ata que na tempada 2017/18 debutou co primeiro equipo na OK Liga. Militou no club branquiazul durante catro tempadas máis, sumando 136 partidos e 36 goles co primeiro equipo, ao tempo que estudou unha carreira de Económicas.[1][2]
En xuño de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo Liceo, vixente campión de liga.[1]
Selección española
Foi internacional coas categorías inferiores da selección española, conquistando o Europeo sub-20 en 2018 de xeito invicto, cun equipo formado integramente por xogadores cataláns.[3] En 2019 disputou a Copa das Nacións en Montreux.[4]
Palmarés
- Selección española sub-20
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas