Bruno Saavedra Rodríguez, nado en Santiago de Compostela o 17 de maio de 2005, é un xogador de hóckey a patíns galego. Xoga de dianteiro no Deportivo Liceo da OK Liga.
Traxectoria
Formouse na canteira do CH Compostela, onde xogou ata os 15 anos, cando fichou polo Dominicos.[1] Xogou tres anos no club da Cidade Vella da Coruña, destacando co primeiro equipo na OK Liga Prata.[2]
No verán de 2023 asinou polo máximo rival histórico do Dominicos, o HC Liceo,[3] sendo a primeira fichaxe do club verde procedente do Dominicos dende Juan Copa, o seu novo adestrador.[4] Con todo, pouco despois do seu debut sufriu unha fractura de escafoide que o deixou de baixa varios meses.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas