As sintaxinas posúen un único dominio transmembrana C-terminal, un dominio SNARE (chamado H3), e un dominio regulador N-terminal (Habc).
A sintaxina 17 pode ter dous dominios transmembrana.
O dominio SNARE (H3) únese tanto á sinaptobrevina coma á SNAP-25 formando o complexo SNARE central (core). A formación deste complexo SNARE central moi estable crese que xera a enerxía libre necesaria para iniciar a fusión entre a membrana da vesícula e a membrana plasmática durante a exocitose.
O dominio N-terminal Habc está formado por 3 hélices α e cando se colapsa sobre a súa propia hélice H3 orixina unha conformación da sintaxina "pechada" inactiva. Esta conformación pechada da sintaxina crese que se estabiliza ao unirse á proteína Munc-18 (nSec1), aínda que datos máis recentes suxiren que nSec1 pode unirse tamén a outras conformacións da sintaxina. A conformación "aberta" da sintaxina é a conformación que é competente para formar parte do complexo SNARE central.
Función
In vitro a sintaxina por si soa é dabondo para impulsar a fusión espontánea independente do calcio de vesículas sinápticas que conteñen v-SNAREs.[4]
Datos amperométricos máis recentes e algo controvertidos indican que o dominio transmembrana da sintaxina 1A pode formar parte do poro de fusión que se forma na exocitose.[5]
Unión
A sintaxina únese á sinaptotagmina de modo dependente do calcio e pode interaccionar con canles de calcio e potasio regulados por voltaxe por medio do dominio C-terminal H3. A interacción directa sintaxina-canle é un mecanismo molecular axeitado para a proximidade entre a maquinaria de fusión e as canles de entrada de Ca2+ durante a despolarización do botón axonal presináptico.
A familia da proteína Sec1/Munc18 únese á sintaxina e regula a maquinaria das sintaxinas. Munc18-1 únese á sintaxina 1A por medio de dous sitios distintos denominados unión N-terminal e conformación "pechada", que incorpora tanto o dominio Habc central coma o dominio SNARE central. A unión de Munc18-1 ao N-terminal da sintaxina-1 crese que facilita a interacción da sintaxina-1 con outro SNARE, mentres que a unión á conformación "pechada" da sintaxina-1 crese que é inhibidora.
Datos publicados recentemente indican que a sintaxina-1 orixinada por splicing alternativo (STX1B), que carece de dominio transmembrana, localízase no núcleo.[6]
↑Fernandez I, Ubach J, Dulubova I, Zhang X, Südhof TC, Rizo J (September 1998). "Three-dimensional structure of an evolutionarily conserved N-terminal domain of syntaxin 1A". Cell94 (6): 841–9. PMID9753330. doi:10.1016/S0092-8674(00)81742-0.
↑Bennett MK, García-Arrarás JE, Elferink LA, Peterson K, Fleming AM, Hazuka CD, Scheller RH (September 1993). "The syntaxin family of vesicular transport receptors". Cell74 (5): 863–73. PMID7690687. doi:10.1016/0092-8674(93)90466-4.
↑Georgiev, Danko D .; James F . Glazebrook (2007). "Subneuronal processing of information by solitary waves and stochastic processes". En Lyshevski, Sergey Edward. Nano and Molecular Electronics Handbook. Nano and Microengineering Series. CRC Press. pp. 17–1–17–41. ISBN978-0-8493-8528-5. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de agosto de 2015.
↑Woodbury DJ, Rognlien K (2000). "The t-SNARE syntaxin is sufficient for spontaneous fusion of synaptic vesicles to planar membranes". Cell Biol. Int.24 (11): 809–18. PMID11067766. doi:10.1006/cbir.2000.0631.
↑Han X, Wang CT, Bai J, Chapman ER, Jackson MB (April 2004). "Transmembrane segments of syntaxin line the fusion pore of Ca2+-triggered exocytosis". Science304 (5668): 289–92. PMID15016962. doi:10.1126/science.1095801.
↑Pereira S, Massacrier A, Roll P, Vérine A, Etienne-Grimaldi MC, Poitelon Y, Robaglia-Schlupp A, Jamali S, Roeckel-Trevisiol N, Royer B, Pontarotti P, Lévêque C, Seagar M, Lévy N, Cau P, Szepetowski P (November 2008). "Nuclear localization of a novel human syntaxin 1B isoform". Gene423 (2): 160–71. PMID18691641. doi:10.1016/j.gene.2008.07.010.