Sin tetas no hay paraíso foi unha serie de televisión española producida por Telecinco en colaboración con Grundy Televisión, adaptación do formato orixinal hómonimo emitido en Colombia[1].
A serie foi estreada o 9 de xaneiro de 2008 [2][3]. En poucas semanas converteuse en todo un éxito.
A segunda tempada da serie empezou o xoves 11 de setembro de 2008, antes da súa estrea en televisión foi estreada no Palacio de Deportes de Madrid o 3 de setembro. A tempada pechouse o 8 de xaneiro de 2009, cun máximo de audiencia (30,1%).
A terceira tempada da serie foi preestreada o 3 de setembro de 2009 no primeiro festival de Vitoria FesTVal. Estreouse na televisión o 13 de setembro de 2009 e terminou o 20 de decembro de 2009 co máximo de audiencia nesta tempada (20,9%).
Argumento
Primeira tempada
Catalina é unha moza de 17 anos, boa estudante e boa filla, que convive coa súa nai Fina e o seu irmán Jesús. O seu pai abandonou a súa nai cando esta era pequena, e desde entón Jesús convértese nun pai para Catalina, deixa de estudar e ponse a traballar para poder darlle un futuro á súa irmá e axudar á súa nai. A pesar de ser tan doce e riseira non atopou a felicidade plena, pois ten un complexo: a súa falta de peito.
Todo vai ben ata que un día reencóntrase cun antigo amigo da infancia, Rafael Duque. Este antes convivía no mesmo barrio de Catalina, eran veciños. Rafael ten un irmán máis vello, Lolo, do que desde pequeno tivo que facerse cargo por orde da súa nai. Tivo unha infancia dura xa que o seu pai propinaba malleiras a ambos os fillos, pero a súa nai sempre protexía ao seu irmán máis vello, Lolo, mentres que el tiña que refuxiarse na casa de Catalina. Todos estes feitos da súa infancia marcárono para sempre, e por non ter o agarimo e o amor da súa nai convértese nun mozo ambicioso, capaz de calquera cousa para conseguir os seus obxectivos, polo que empeza na súa mocidade a relacionarse coas drogas e actualmente é un dos narcotraficantes máis importantes do país. É por isto polo que se fai rico, ten moitos coches, unha casa enorme... Todo o mundo chámao "el Duque".
Logo do reencontro con Catalina, ven varias veces e a moza namórase del, déitanse...
A primeira vez que o fixeron, a Catalina dáballe vergoña de que Rafa a vise espida, pero máis adiante dálle igual; comezan unha relación que cambiará para sempre a vida de Catalina, xa que se mete nun mundo do que é difícil saír, relacionándose co mundo da prostitución e das drogas en compañía das súas amigas, Jessi, Vanessa, Cristina e Paula.
Segunda tempada
Na segunda tempada pódese ver como el Duque necesita moito máis a Catalina que ela a el, xa que esta cre que matou o seu irmán. Ela transmítelle información sobre os contactos do seu marido, Miguel Cortés, para destruír o seu negocio. Pescuda e decátase que Duque non matou o seu irmán cando descobre que Rafa quérea de verdade decide deixar a Cortés. Pero este secuestra a Paula que está embarazada. Cortes ameázaa dicíndolle que se marcha faralle dano ás súas amigas e á súa familia. Por ordes do seu marido dille a Rafa que xa non lle quere. Duque decátase e decide colaborar coa policía para poder estar con Catalina. Cando Catalina se decata reconcíliase con el. Un día decídese ir co pero se desmaia Catalina cre que esta embarazada pero o que é que lle están envelenando. Grazas a un amigo de Moreno descobren que as están envelenando cambian as pastillas e finxe estar aínda enferma. Martínez empeza a colaborar coa policía decátanse de que o comisario pasoulle información a Cortes e finalmente detéñeno. Catalina segue finxindo e fala co duque polo móbil, un día Elena (irmá de Cortés) atopa unhas pastillas que estaban enterradas e así se decata de que non as estivo tomando. Catalina ve que a descubriu intenta escapar pero Cortes pégalle e cae esborrallada ao chan.
Finalmente, Catalina mata a Cortés, despois de que este maltratase brutalmente a Rafael. Máis tarde, Catalina e Rafa escápanse, pero Catalina debe ir ver ao seu sobriño ao hospital. Mentres Rafael debe distraer aos seus amigos suramericanos, e hai unha pelexa no despezamento, onde o Duque termina ferido.
Finalmente, Rafa, Jessi e Cata márchanse para ao final chegar ao seu destino, a costa de Marrocos. Porén, Rafa e Cata son atopados por Morón e os seus homes antes que pola policía. Morón dispara a Duque logo de supor que o suramericano estaba morto, e Rafael morre, e Catalina é detida e condenada a 13 anos de pena na prisión!
Elenco de actores
Abandonaron a serie
Produción
Diferenzas entre a versión colombiana e española
A serie conta con achegas para adaptar a historia á realidade social de España.
- As motivacións da protagonista da versión española é o amor, mentres que na serie colombiana era o diñeiro e a ambición.
- A contorna social en que se desenvolve a adaptación española é a clase media, mentres que a versión orixinal era un ambiente marxinal.
- A adaptación española desenvolve unha trama policial co inspector Torres, trama e personaxe inexistentes na versión orixinal.
- A versión Colombiana mostra unha parte máis realista e dramática, mentres que a española desenvólvese ao redor da ficción.
Capítulos e audiencias
- 1ª tempada: 4.016.000 espectadores e 23,41% share
- 2ª tempada: 4.068.000 espectadores e 24,36% share
- 3ª tempada: 2.921.000 espectadores e 17% share
Capítulo
|
Nome
|
Data de emisión
|
Espectadores[5]
|
Share
|
PRIMEIRA TEMPADA
|
01
|
La edad de la inocencia
|
Mércores 9 de xaneiro de 2008
|
3.964.000
|
21,7%
|
02
|
Jaque a la dama
|
Mércores 16 de xaneiro de 2008
|
3.880.000
|
21,3%
|
03
|
Deus ex machina
|
Mércores 23 de xaneiro de 2008
|
3.915.000
|
21,8%
|
04
|
Madres e hijos
|
Mércores 30 de xaneiro de 2008
|
3.407.000
|
19,4%
|
05
|
Barro en los zapatos de Cenicienta
|
Mércores 6 de febreiro de 2008
|
3.843.000
|
24,6%
|
06
|
Niños envueltos
|
Mércores 13 de febreiro de 2008
|
4.139.000
|
23,2%
|
07
|
El mejor regalo del mundo
|
Mércores 20 de febreiro de 2008
|
4.226.000
|
23,5%
|
08
|
Una nueva vida
|
Mércores 5 de marzo de 2008
|
4.277.000
|
24,9%
|
09
|
Cata en el espejo
|
Mércores 12 de marzo de 2008
|
4.224.000
|
24,9%
|
10
|
Statu Quo
|
Mércores 19 de marzo de 2008
|
3.397.000
|
23,3%
|
11
|
El precio del poder
|
Mércores 26 de marzo de 2008
|
4.127.000
|
24,3%
|
12
|
Cita con la muerte
|
Mércores 2 de abril de 2008
|
4.795.000
|
28,0%
|
SEGUNDA TEMPADA
|
13
|
La función debe continuar
|
Xoves 11 de setembro de 2008
|
3.238.000
|
21,2%
|
14
|
Da svidania! - ¡Hasta la vista!
|
Xoves 18 de setembro de 2008
|
3.783.000
|
22,3%
|
15
|
Amigos bajo tierra
|
Xoves 25 de setembro de 2008
|
3.608.000
|
20,8%
|
16
|
Se derramarán más lágrimas...
|
Xoves 2 de outubro de 2008
|
3.789.000
|
22,7%
|
17
|
La ratonera
|
Xoves 9 de outubro de 2008
|
3.948.000
|
24,1%
|
18
|
Huellas en la arena
|
Xoves 16 de outubro de 2008
|
3.762.000
|
22,8%
|
19
|
La naturaleza del escorpión
|
Xoves 23 de outubro de 2008
|
4.025.000
|
24,9%
|
20
|
La educación sentimental
|
Xoves 30 de outubro de 2008
|
3.887.000
|
24,2%
|
21
|
Durmiendo con su enemigo
|
Xoves 6 de novembro de 2008
|
4.105.000
|
25,2%
|
22
|
Canciones tristes
|
Xoves 13 de novembro de 2008
|
4.231.000
|
26,0%
|
23
|
Cata sobre sábanas de seda
|
Xoves 20 de novembro de 2008
|
4.237.000
|
25,0%
|
24
|
Secretos y mentiras
|
Xoves 27 de novembro de 2008
|
4.173.000
|
25,4%
|
25
|
Plata o plomo
|
Xoves 4 de decembro de 2008
|
4.344.000
|
25,3%
|
26
|
Viaje al final de la noche
|
Xoves 11 de decembro de 2008
|
4.626.000
|
26,3%
|
27
|
La huida
|
Xoves 18 de decembro de 2008
|
4.027.000
|
23,5%
|
28[6]
|
Nadie hablará de nosotros cuando hayamos muerto
|
Xoves 8 de xaneiro de 2009
|
5.311.000
|
30,1%
|
TERCEIRA TEMPADA
|
29
|
Las chicas duras no lloran
|
Domingo 13 de setembro de 2009
|
3.339.000
|
20,9%
|
30
|
El mismo perro
|
Domingo 20 de setembro de 2009
|
2.784.000
|
17,2%
|
31
|
El amargo sabor de la libertad
|
Domingo 27 de setembro de 2009
|
2.762.000
|
16,3%
|
32
|
A la misma profundidad
|
Domingo 4 de outubro de 2009
|
2.756.000
|
15,3%
|
33
|
Fantasmas del pasado
|
Domingo 11 de outubro de 2009
|
2.064.000
|
13,6%
|
34
|
Las reglas del juego
|
Domingo 18 de outubro de 2009
|
2.775.000
|
16,0%
|
35
|
Juntas otra vez
|
Domingo 25 de outubro de 2009
|
2.900.000
|
15,8%
|
36
|
¿Dónde vas, princesa?
|
Domingo 1 de novembro de 2009
|
2.567.000
|
15,5%
|
37
|
Tan lejos, tan cerca
|
Domingo 8 de novembro de 2009
|
2.881.000
|
14,6%
|
38
|
La encrucijada
|
Domingo 15 de novembro de 2009
|
3.037.000
|
16,6%
|
39
|
Luces negras en el horizonte
|
Domingo 22 de novembro de 2009
|
3.176.000
|
18,0%
|
40
|
Segundas oportunidades
|
Domingo 29 de novembro de 2009
|
3.151.000
|
18,2%
|
41
|
Último día en la tierra
|
Domingo 6 de decembro de 2009
|
2.629.000
|
15,8%
|
42
|
El corazón de las tinieblas
|
Domingo 13 de decembro de 2009
|
3.360.000
|
18,1%
|
43
|
Expiación
|
Domingo 20 de decembro de 2009
|
3.636.000
|
20,9%
|
Premios e nomeamentos
Polémica
Pouco logo da primeira emisión, o concello das Palmas de Gran Canaria solicitou a Telecinco a súa retirada por promover «estereotipos denigrantes para a muller que supón un retroceso social»[7].
Días máis tarde, a asociación Telespectadores Asociados de Catalunya pediu a retirada da serie por "trato denigrante que se dá ao mundo da oncoloxía e ao do diagnóstico"[8]. Aínda que ningunha delas consegue dar motivos suficientes para retirar da grella a exitosa serie.
Globalización
- A principios de 2010, unha televisión de Serbia (TV Pink) compra as dúas primeiras tempadas da serie española e vólvea emitir co son orixinal e subtítulos serbios, so o título de Silikonske Lepotice. Logra un bo éxito desde o principio.
- Desde o 22 de novembro de 2010 a produción emítese en Macedonia do Norte pola canle Pink 15, co título de Silikonski ubavici.
- O 6 de outubro de 2010, ás 21:10 estréase Le due facce dell'amore en Canale5, unha serie italiana baseada na versión española e producida pola mesma produtora desta. Pero nesta versión a protagonista non ten o complexo de falta de peito. O seu primeiro capítulo consegue un moi pobre 14% de share.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas