Simplesat

Simplesat
Simplesat en probas antes do lanzamento.
TipoCientífico / tecnolóxico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento10 de agosto de 2001, 18:30 GMT[1][2]
Foguete portadorTransbordador espacial Discovery, misión STS-105[3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39A[4]
Obxectivo da misiónObservatorio espacial, demostrador tecnolóxico[4]
Decaemento30 de xaneiro de 2002[1]
NSSDC ID2001-035B
Masa52 kg[3][4]

Simplesat foi un satélite artificial da axencia espacial estadounidense NASA lanzado o 10 de agosto de 2001 a bordo do transbordador espacial Discovery na misión STS-105 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral en Florida.[2][3]

Características

Simplesat foi un satélite experimental construído para estudar a posibilidade de facer satélites baratos e funcionais a partir de pezas comerciais. A bordo levaba un GPS para determinar a súa orientación e un pequeno telescopio. O satélite foi despregado desde a bodega de carga do transbordador espacial Discovery, pero despois de soltalo non se conseguiu establecer contacto por radio co mesmo. Reentrou na atmosfera terrestre o 30 de xaneiro de 2002.[2][3]

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SIMPLESAT 1" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Note Note verbale dated 23 October 2001 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (V.01-88239 (E)). 31 de outubro de 2001: 8. Consultado o 7 de xullo de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Simplesat" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2017). "Simplesat" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2017.