STS-105

STS-105
Lanzamento da misión STS-105
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento10 de agosto de 2001, 21:10 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión11,88 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso22 de agosto de 2001[6]
Sitio de regresoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida[6]
NSSDC ID2001-035A

STS-105 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 10 de agosto de 2001 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

STS-105, con dez astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Scott Horowitz, o piloto Rick Sturckow e os especialistas de misión Daniel Barry e Patrick Forrester. Como carga levaba cinco toneladas de subministracións, equipamento diverso e un dormitorio para ser instalado no módulo Destiny e acomodar un terceiro astronauta. A tripulación instalou dos armarios levados no contedor Leonardo con experimentos científicos no seu interior. Leonardo, á súa vez, foi enchido de lixo e equipamento innecesario para ser levado a terra. Se instalou tamén a plataforma MISSE no exterior da estación para facer experimentos de materiais no baleiro do espazo. O transbordador acoplouse coa estación o 12 de agosto ás 18:42 GMT no porto PMA-2. Durante a misión tiveron lugar dúas actividades extravehiculares: na primeira, Forrester e Barry instalaron contedores con amoníaco para o sistema de refrixeración da estación e durante a segunda os mesmos astronautas instalaron a infraestrutura necesaria para acomodar a viga S0. O transbordador desacoplouse da estación o 20 de agosto ás 14:52 GMT, aterrando no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 22 de agosto de 2001. Entre o desacoplamento da estación e a reentrada atmosférica liberou o satélite Simplesat.[3][5][6][7]

Notas

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 105" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 23 October 2001 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-88239(E)). 31 de outubro de 2001: 7. Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 105" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-105 / ISS-7A.1" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-105" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  7. NASA (23 de novembro de 2007). "STS-105" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2006. Consultado o 28 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

Outros artigos