Silván é un núcleo de poboación do concello de Benuza, na Comarca da Cabreira, no suroeste de León e como todo o concello de Benuza forma parte do Consello Comarcal do Bierzo. En 2001 tiña 216 habitantes distribuídos en cinco barrios: Santiago, La Peña, Fresnedo, Prosillo. As principais actividades económicas son a agricultura, a gandería e as canteiras de lousa. As dúas fontes situadas no lugar baixan directamente do monte, unha delas está no camiño para o barrio da Peña e a outra fonte está subindo pola rúa principal ( Carreira ) por onde van as ovellas dirixíndose cara ao monte; esa fonte chámase Fuentemeleira.