O 16 de outubro de 1927 foi arrestado en Tbilisi[2] e o 16 de xaneiro de 1928 sentenciado a dez anos de traballos forzados, sen posibilidade de amnistía, baixo os artigos 58-6 e 58-12 do código penal da RSFS de Rusia, e foi enviado ao campo de Solovki, a onde chegou o 12 de febreiro.[2][3] En xullo de 1932 foi acusado de axitación antisoviética, celebrar liturxias e rituais relixiosos, e transmitir ao exterior información sobre a situación dos católicos na URSS; como resultado foi illado do resto de prisioneiros.[3] En maio de 1935 foi trasladado a traballar no ferrocarril de Kirov, e en xuño de 1936 volveu a Solovki. O 14 de outubro de 1937 foi sentenciado a morte polo Directorado do NKVD[2] e executado o 1 de novembro preto de Medvezhegorsk.[2][3][4]
Notas
↑Tamén Szijo Batmaniszwili, Sio Batmanisvili, Šio Batmanišvili, Chio Batmanisvili, Шио Батманишвили. Tamén citado como Batmalashvili, no que semella un erro de transcrición.