Akhaltsikhe (en xeorxiano: ახალციხე; en armenio: Ախալցխա; en ruso: Ахалцихе; en turco: Ahıska) é unha pequena cidade do suroeste de Xeorxia, capital da rexión de Samtskhe-Javakheti e do distrito homónimo. O nome da cidade significa "nova fortaleza". A poboación era de 17.903 habitantes en 2014, a maioría deles xeorxianos (72%) cunha minoría importante de armenios (27%).
Historia
A cidade foi mencionada por vez primeira nas crónicas do século XII. Nos séculos XII e XIII foi a sede dos Akhaltsikheli, duques de Meskheti. Dende o século XIII até o século XVII, a cidade e Meskheti foron gobernados pola familia feudal de Jaq'eli.
En 1576 os otománs conquistaron a cidade, e en 1628 pasou a ser o centro do eyalet de Çıldır, co nome de "Ahıska".