Shin-chan: O pequeno samurai

Shin-chan: O pequeno samurai
Ficha técnica
Título orixinalクレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ アッパレ!戦国大合戦
DirectorKeiichi Hara
GuiónKeiichi Hara
MúsicaShiroh Hamaguchi
Toshiyuki Arakawa
EstudioShin Ei Animation
DistribuidoraLuk Internacional (Galicia)
Estrea2002
Duración91 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Filme anteriorShin-chan e o imperio dos carrozas
Filme seguinteShin-chan e a costelada imposible
Na rede
IMDB: tt2180443 Filmaffinity: 284077 Allocine: 198676 Allmovie: v655547 Editar o valor en Wikidata

Shin-chan: O pequeno samurai (クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ アッパレ!戦国大合戦 Crayon Shin-chan: Arashi wo yobu - Appare! Sengoku Daikassen?) é un filme de animación baseado no anime Shin-chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 20 de abril do 2002.

En galego, saíu á venda en DVD o 16 de novembro do 2005, sen ser proxectada nos cinemas.

Sinopse

Todo comeza cando Nevado escarva un buraco no xardín. Alí Shin-chan atopa unha carta datada do período Segoku, que se corresponde co ano 1574, cando aconteceron as guerras civís. Unha vez leu o papel, é transportado ata esa época. Alí coñece a un samurai ao que lle salva a vida. Tamén se fai amigo dos antergos dos seus amigos Masao, Kazama, Boo-chan e Nene.

Unha vez que desaparece Shin-chan, seus pais empezan a buscar o xeito de viaxaren ao pasado para rescatalo. Cando acadan a maneira e encontran a Shin-chan, tentan volver, pero fracasan. Namentres procuran unha forma de volver ao presente, axudan ao samurai Matabe a impedir a invasión da vila. A guerra comeza.

Dobraxe

  • Estudio: SODINOR S.A.
  • Data: 2005.
  • Dirección: Alfonso Valiño.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos.
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
Galicia
Actor orixinal
Shin-chan Nohara Ana Lemos Akiko Yajima
Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi
Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara
Himawari Helena Amoedo Satomi Koorogi
Nevado Montse Davila Mari Mashiba
Nene Montse Davila Tamao Hayashi
Kazama / Kazuma Teresa Santamaría Mari Mashiba
Masao / Osama Ana Ouro Mari Mashiba
Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato
Yoshitoshi Matabe Alfonso Valiño Yusaku Yara
Ren Kasuga Beatriz García Ai Kobayashi
Hitoshi Goemon Miguel López Varela Kenichi Ogata
Yasutsuna Kasuga Antón Cancelas Michio Hazama
Hayato Paco Barreiro Tesho Genda
Osato Ana Maciñeiras Noriko Uemura
  • Voces adicionais:
▪ Andrés Bellas.
▪ Antón Olmos.
▪ Manolo Pombal.
▪ Xermana Carballido.

Música

A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é 二中のファンタジー ~体育を休む女の子編~ (A fantasía dos dous – A rapariga coa pel de galiña) interpretada por Hideki Fujisawa.

Véxase tamén

Outros artigos