Sheer Mag é unha banda estadounidense de rock procedente de Filadelfia, Pensilvania, formada no ano 2014. Cunha mestura de rock dos 70 e ética punk, o grupo comezou a chamar a atención e editou tres EPs de 7 polgadas ata marzo de 2016.[3][4] En xaneiro de 2015 a revista Rolling Stone listou a Sheer Mag como un dos "10 novos artistas que necesitas coñecer", describíndoos como "unha banda de punks cun amor non tan secreto polo rock clásico dos anos setenta".[1][2][3] Catro dos cinco membros da banda foron á Universidade Estatal de Nova York en Purchase.[4] En 2016 a banda participou no festival de Coachella e actuou no programa Late Night with Seth Myers.[5] O 10 de maio de 2017 Sheer Mag publicou "Need To Feel Your Love", o primeiro tema do seu álbum de estrea, Need To Feel Your Love.[6][7]
Discografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas