Shannon Tindle é un deseñador, artista de storyboard, guionista e cineasta estadounidense.
Traxectoria
O traballo de Tindle na serie de televisión Foster's Home for Imaginary Friends recibiu un nomeamento ao premio Annie en 2005 ao mellor deseño de personaxe en produción de TV animada.[1] Máis tarde, na 58ª edición dos 'Primetime Emmy Awards' en 2006, gañou o premio Emmy ao logro individual máis destacado en animación (Outstanding Individual Achievement) por "Go Goo Go",[2] sendo o episodio tamén nomeado como Outstanding Animated Program (programas de menos dunha hora).[3] [4]
Tindle traballou recentemente como deseñador de personaxes na The Emoji Movie de Sony Pictures;[5] en The Croods de DreamWorks como desenvolvedor da historia; e Kubo and the Two Strings de Laika, que orixinalmente desenvolveu coa súa muller Megan, residentes ambos en California.[6]
En 2020 foi co-creador da serie Ollie está perdido de Netflix, estreada en agosto de 2022.[7] En 2021 comezou a dirixir unha película de Ultraman animada por ordenador tamén para Netflix.[8]
Traballos
Deseñador de personaxes
Programas de TV
- Static Shock (2000) 2 episodios
- The Fairly OddParents (2002-2003) 4 episodios
- Samurai Jack (2003) 1 episodio
- The Proud Family (2002; 2005) 2 episodios
- Foster's Home for Imaginary Friends (2005-2008) 11 episodios, supervisando (2005-2006) 8 episodios
- Re-Animated (2006) (TV Movie)
- Foster's Home for Imaginary Friends: Destination Imagination (2008) (TV Movie)
- The Powerpuff Girls Rule! (2008) (TV Movie)
Películas
Artista de guión gráfico
Escritor, guionista
- Foster's Home for Imaginary Friends (2006-2007) 3 episodios
- Kubo and the Two Strings (2016)
Artista de desenvolvemento visual
- Mr. Peabody & Sherman (2014)
Outros
- Samurai Jack (2003; deseño)
- Ollie está perdido (2022; co-creación, deseño e adaptación de guión)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas