Seán McGinley, tamén coñecido como Seán Mac Fhionnghaile, nado en 1956 en Gaoth Dobhair, Donegal, Irlanda e finado o 1 de novembro de 2009, foi un actor irlandés de cine e televisión.
Traxectoria
McGinley era mellor coñecido polo público pola súa participación en programas de televisión irlandeses como CU Burn e Gleann Ceo, ademais era o produtor executivo de televisión. Tamén traballou na canle de radio irlandesa RTÉ Raidió na Gaeltachta no programa de humor "Cois Cuan". El creou a "Cul a Tigh", unha compañía de produción televisiva e transformou unha ruinosa fábrica preto da súa casa nunha escola de interpretación e centro de produción.
Vida persoal
Casou con Theresa e tivo dúas fillas e dous fillos con ela. Morreu de cancro ós 57 anos de idade o 1 de novembro do 2009. O seu enterro tivo lugar na igrexa de Saint Columba en Brinalack, Gaoth Dobhair dous días despois.
Filmografía