Severino García Sierra, nado cara a 1911 e finado na Pobra do Caramiñal o 21 de outubro de 1989, foi un industrial e político galego.
Traxectoria
Curmán de Raimundo García Domínguez.[1] Foi elixido concelleiro de Pontecesures en 1960.[2] Nomeado alcalde de Pontecesures, tomou posesión en abril de 1961.[3] Cesou no cargo en 1970. Finou na Pobra do Caramiñal o 21 de outubro de 1989 con 78 anos.[4]
Vida persoal
Casou con Ramona Maestú Sierra e foi pai de Eloísa e Victoria Eugenia García Maestú.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 18-9-1985, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 29-11-1960, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-4-1961, p. 3.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 22-10-1989, p. 64.