Severino Bugallo Valiñas

Modelo:BiografíaSeverino Bugallo Valiñas
Biografía
Nacementoc. 1892 Editar o valor en Wikidata
Cerdedo, España Editar o valor en Wikidata
Morteabril de 1981 Editar o valor en Wikidata (88/89 anos)
Cerdedo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Radical Socialista Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsSabino Bugallo Valiñas Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 11863

Severino Bugallo Valiñas, nado en Cerdedo cara a 1892 e finado no mesmo concello en abril de 1981,[1] foi un político galego.

Traxectoria

Membro do Centro Republicano Radical Socialista, foi designado candidato a Xunta municipal en maio de 1931,[2] foi elixido concelleiro e foi tesoureiro do concello. Pertenceu á Agrupación Socialista de Cerdedo, da que foi elixido contador da directiva en xaneiro de 1935.[3]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido con Manuel Garrido, José Torres Paz e José Cortizo González e trasladado a Pontevedra. Zafou de ser asasinado grazas a intervención do seu irmán Vicente Bugallo, xefe da Falange de Soutelo de Montes, que conseguiu que alguén o reclamase da Comandancia e o metese nunha fonda. En maio de 1938 foi multado polo gobernador civil de Pontevedra con 500 pesetas.[4] Agochouse e fuxiu a Cuba, pasando despois aos Estados Unidos de América, de onde volveu á zona leal coas Brigadas Internacionais. Ao final da guerra estivo destinado en Reus e Salou e de alí pasou a Francia sendo internado no Campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Fuxiu do campo e marchou a Bordeos para participar na resistencia contra os alemáns. Detido en 1941, foi deportado. Estivo preso durante catro anos no Campo de concentración de Villaverde (Madrid), nas cocheiras de Vigo e na factoría de Barreras.

Vida persoal

Casou con Jovita García Dapena.

Notas

  1. La Voz de Galicia, Pontevedra, 25-4-1981, p. 35.
  2. El Pueblo Gallego, 30-5-1931, p. 9.
  3. El Pueblo Gallego, 5-2-1935, p. 13.
  4. El Compostelano, 25-5-1938, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía