Sabino Bugallo Valiñas, nado en Cerdedo-Cotobade, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
Dirixente da Sociedade de Labregos e Canteiros de Castro e membro do Centro Republicano Radical Socialista de Cerdedo. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi cesado e detido o 11 de outubro. Procesado en Pontevedra, foi posto en liberdade o 14 de decembro de 1934 canda Carlos González Estévez, Antonio Sueiro Cadavid, Camilo Sueiro Bouzas, Francisco Varela Garrido, José Torres Paz e Alfredo Iglesias Álvarez.[1] En febreiro de 1935 foi elixido presidente do Comité de Izquierda Republicana de Cerdedo.[2]
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido no monte. Logrou embarcar en Vilagarcía de Arousa cara a Cuba e logo marchou a Buenos Aires. Foille incoado expediente de responsabilidades políticas en 1940.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 16-12-1934, p. 14.
- ↑ El País, 20-2-1935, p. 3.
Véxase tamén
Bibliografía