Sergio Rivero foi o gañador da cuarta edición de Operación Triunfo, logo de deixar o seu traballo como caixeiro dun hipermercado Carrefour en Gran Canaria, para ingresar na academia. É gran amante das baladas, do soul e do rhythm & blues. A súa artista máis admirada é Alicia Keys. Xamais participou antes nalgún grupo de música.
Os seus primeiros estudos realizounos no Oakley College, ata os 6 anos, e despois pasou ao Canterbury School, onde concluíu o bacharelato. Por esta razón, os seus profesores da academia, por exemplo Àngel Llàcer ou Edith Salazar, destacaron, dentro das súas moitas calidades, a pronuncia do inglés.
Tras a selectividade, Sergio comezou a Licenciatura de Dereito, pero non concluíu a carreira e deixou de lado os libros para entregarse á música. El mesmo defínese como extravertido, amigo dos seus amigos e pouco rencoroso. Sergio recoñece que a súa gran paixón sería vivir da música e cre que está realmente preparado para iso, tanto psicolóxica como musicalmente.
Quiero: o seu primeiro disco
O 29 de novembro de 2005, o artista canario publica o seu primeiro álbum Quiero.[1] É un disco gravado en Roma e Madrid.[2] As súas cancións forman parte dun gran abanico de estilos desde o primeiro single; a canción Como cambia la vida, un bolero no que ensina o seu lado máis tenro e as calidades da súa voz. Á súa vez no disco aparecen estilos latinos enriquecidos con instrumentos atípicos no pop como o timple canario e o acordeón. O seu segundo single foi "Me envenena". Conseguiu o Disco de platino e vendeu máis de 150.000 discos segundo a súa axencia de contratación[3][4] A canción La llave de tu corazón foi composta por el e por Pablo Pinilla, produtor do disco.
Contigo
O 28 de novembro de 2006 publícase o seu segundo disco Contigo, a través de Sony BMG. O single de presentación é Contigo, orixe do título do disco.
Cinco meses máis tarde, Sergio regresou á escena musical co segundo single do disco, o tema "Bajo el sol". Con isto, Sergio e Sony BMG finalizan definitivamente a promoción do disco Contigo, do cal foi Disco de ouro por vender máis de 40.000 copias en España.
En xuño de 2007 Sergio Rivero ingresou no Musician Institute dos Ánxeles (California) para perfeccionar os seus coñecementos de piano e impulsar a súa incursión na composición.
Sergio Rivero, xunto con Malú, participou no musical Jesucristo Superstar co tema Getsemaní.