Senén Pousa

Modelo:BiografíaSenén Pousa
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1939 Editar o valor en Wikidata
Beade, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de novembro de 2023 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Beade
1974 – 2023 – Fernando Taboada Guntín → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Beade Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Senén Pousa Soto, nado en Beade o 27 de marzo de 1939 e finado o 2 de novembro de 2023,[1] foi un político galego do PPdeG.

Traxectoria

Foi agricultor. En 1974 foi nomeado alcalde de Beade. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática á alcaldía e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións por AP (logo PPdeG), sempre con maioría absoluta. Tamén foi vogal da directiva provincial do PPdeG de Ourense[2] e tesoureiro da Mancomunidade do Ribeiro.[3] Foi deputado provincial na Deputación de Ourense entre xullo e novembro de 2007. Accedeu no lugar de Rogelio Martínez González, alcalde da Arnoia, que non puido incorporarse inicialmente debido á repetición das eleccións nunha mesa do seu concello. Unha vez producida a repetición e constituída a corporación, Pousa e tres suplentes dimitiron para favorece-lo regreso de Martínez á Deputación.[4]

Pousa era coñecido polo seu hábito de encargar cada 20 de novembro unha misa funeral en memoria de Francisco Franco. A pesar das mocións da oposición, Pousa negouse a cumprir a Lei de Memoria Histórica cambiándolle o nome a unha rúa dedicada ó ditador.[5] A mañá do 7 de outubro de 2013, a casa consistorial do Concello de Beade foi obxecto dun atentado que causou graves danos materiais, pero que non causou danos persoais.[6]

Nas eleccións municipais de 2023, foi descartado como candidato pola dirección provincial do PPdeG, polo que concorreu á fronte da Agrupación de Electores por Beade coa cal conseguiu tan só un concelleiro mentres que a súa anterior formación resultou a máis votada con tres concelleiros, polo que lle cedeu o bastón de mando ó novo candidato desta, Fernando Taboada.[7]

Vida persoal

Estaba casado e tivo dous fillos.[8]

Notas

  1. "Falece Senén Pousa, o ex alcalde franquista de Beade". Nós Diario. 2 de novembro de 2023. 
  2. www.ppou.es (ed.). "Xunta Directiva". Consultado o 18/12/2010. 
  3. "Senén Pousa defiende la legalidad de su cargo como tesorero de la Mancomunidad". www.laregion.es. 18/06/2008. Consultado o 18/12/2010.  (en castelán)
  4. www.laregion.es, ed. (30/11/2007). "El alcalde de Beade deja su escaño en la Diputación de Ourense en favor del regidor de Arnoia". Arquivado dende o orixinal o 01/12/2007. Consultado o 18/12/2010.  (en castelán)
  5. www.ourensedixital.com, ed. (28/11/2007). "O alcalde Senén Pousa resístese a quitarlle o nome de Franco á rúa principal de Beade". Arquivado dende o orixinal o 05/12/2020. Consultado o 18/12/2010. 
  6. galiciahoxe.com, ed. (7 de outubro de 2013). "Atentado en Beade". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 7 de outubro de 2013. 
  7. Redacción (17 de xuño de 2023 [actualizado o 19 de xuño de 2023]). "La provincia de Ourense nombra a sus alcaldes en la constitución de los concellos". laregion.es (en castelán). Consultado o 26 de xullo de 2023. 
  8. www.elcorreogallego.es (ed.). "Regidores en la provincia de Ourense". Arquivado dende o orixinal o 18/01/2012. Consultado o 18/12/2010.  (en castelán)

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos


Predecesor:
'
 
Alcalde de Beade
 
1974 - 2023
Sucesor:
Fernando Taboada