A selección de fútbol gaélico é a primeira selección deportiva galega que compite de xeito oficial nun torneo internacional.[1]
Historia
En xullo de 2012, da man de Siareiras Galegas, xogouse o primeiro partido da selección galega[2], nun encontro disputado en Narón contra a Selección Bretoa vencendo no primeiro partido entre dous combinados nacionais.
En agosto de 2013 a Selección Galega devolveu a visita a Selección Bretoa con motivo do Festival Interceltico de Lorient, desta vez a selección caeu derrotada.
No 2015, as seleccións galegas masculina e feminina participaron no Campionato do Mundo de Fútbol Gaélico nos Emiratos Árabes Unidos, a primeira edición desta competición da historia. A selección galega masculina proclamouse subcampioa do mundo.[3] A selección feminina chegaou ata as semifiniais e caeu ante Oriente Medio.
No campionato EuroGames 2018 (campionato europeo de seleccións de fútbol gaélico) xogado en Lorient no mes de agosto [4], o equipo feminino acadou a primeira praza vencendo na final a Francia por 28 puntos a 24. A selección masculina acadou a segunda posición no campionato perdendo na final xogada tamén ante Francia (10-15).[5]