A selección de fútbol de Azerbaidján (en azerí: Azərbaycan milli futbol komandası) é o equipo que representa a Azerbaidján nas competicións internacionais oficiais de fútbol. Está controlada pola Asociación de Federacións de Fútbol de Azerbaidján (Azərbaycan Futbol Federasiyaları Assosiasiyası, AFFA), a cal tamén organiza a liga e copa nacional de fútbol deste país. A selección de Azerbaidján foi fundada en 1992, tras o desmembramento da Unión Soviética e quedou inscrita na FIFA e na UEFA en 1994. Este equipo é dos menos competitivos de Europa e nunca se clasificou para unha fase final dun mundial ou dunha Eurocopa.
Cores e símbolos
Dende a súa fundación o equipo nacional azerí xogou cunha camisola branca adornada cunha pequena banda vertical vermella-verde-azul e cos pantalóns azuis. Fóra de casa alterna camisolas vermellas e azuis. Ultimamente a situación é bastante caótica dado que o equipo está xogando tanto como local como visitante de azul.
O símbolo que portan os xogadores no peito é o escudo nacional azerí.
Xogadores máis destacados