A Selección de fútbol de Islandia é o equipo representativo do país nórdico nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol de Islandia (Knattspyrnusamband Íslands, KSÍ), pertencente á UEFA.[1]
Aínda que tradicionalmente estivo considerado un dos combinados nacionais máis débiles de Europa, o 6 de setembro de 2015 logrou clasificarse por primeira vez á fase final dunha competición internacional: a Eurocopa 2016. Durante o proceso clasificatorio, Islandia logrou derrotar a seleccións como Turquía, República Checa -ambas en condición de local- e aos Países Baixos en dúas oportunidades.
Unha vez na Euro 2016, os Viquingos superaron a primeira fase cun gol no minuto 94 que lles permitiu vencer a Austria e alcanzar o segundo posto do seu grupo.[2] En oitavos de final eliminaron a Inglaterra (2-1), considerado un dos resultados máis impactantes na historia do fútbol europeo e o máis importante na historia do fútbol islandés ata o momento.[3] Finalmente foron eliminados por Francia en cuartos de final.
Estatísticas
Mundiais
Eurocopas
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas