Segundo Abal Padín, nado en Padrenda (Meaño) en 1913 e finado en Pontevedra o 13 de maio de 1938, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
Foi mestre de Puerto de la Cruz en 1932. Mestre da escola de Castro de Agudín (Cea, Vilagarcía de Arousa) dende outubro de 1934. Afiliado á Federación de Trabajadores de la Enseñanza da UGT e a Agrupación Socialista de Vilagarcía de Arousa. Interveu en varios mitins na campaña da Fronte Popular,[1][2] e na do Estatuto de Autonomía. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto. Foi suspendido de emprego e soldo a principios de setembro.[3] Estivo preso na Normal de Pontevedra e no campo de concentración da illa de San Simón. Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 9 de febreiro de 1938,[4] foi condenado a pena de morte. Foi executado en Pontevedra, ás 17:30 do 13 de maio, no quilómetro 1 da Avenida de Uruguai. En abril de 1940 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[5]
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 29-1-1936, p. 7.
- ↑ El Pueblo Gallego, 7-2-1936, p. 11.
- ↑ Diario de Pontevedra, 31-8-1936, p. 1.
- ↑ Diario de Pontevedra, 8-2-1938, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 8-4-1940, p. 3.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas