Ángel Abal Padín,[1] nado en Padrenda (Meaño) o 16 de outubro de 1916, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
Fillo de Ángel Abal Varela e irmán de Segundo Abal Padín. Mestre. Membro da FETE-UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Pontevedra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado mestre interino da Illa de Arousa en setembro.[2] Fuxiu a Portugal onde foi detido o 3 de agosto de 1937 e foi repatriado o 18 de agosto.[3] Logrou chegar a Buenos Aires e retornou á zona leal en xaneiro de 1938 e ingresou na Defensa Especial Contra Avións (DECA) onde prestou servizos na zona Centro e Levante. Foi miliciano da Cultura.[4] Coa derrota da República exiliouse no norte de África onde estibo internado no campo de Ben Chicao (Departamento de Argel) sendo secretario do Comité do PSOE nese campo.[5] Conseguiu marchar a México no vapor Serpa Pinto,[6] arribando ao porto de Veracruz o 16 de novembro de 1941.[7] Traballou nunha xastrería. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.[8] Despois trasladouse a Uruguai onde fue secretario do PSOE en 1945. Foi expulsado do PSOE en 1946.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas