Sebbi(tamén coñecido como Santo Sæbbi ou Sebba) era fillo de Sexred e Rei conxunto de Essex de 664 a aproximadamente 683 xunto co seu primo, Sighere. Tras a morte deste, asumiu o trono en solitario até 694.
Traxectoria
Sighere e Sæbbi era primos do seu predecesor, Swithelm. En 665 Sighere apostatou e volveu ao o paganismo, mentres Sebbi seguiu sendo cristián. Sighere atopou un aliado en Wessex, e Sæbbi en Mercia. Por mor da súa rivalidade, Wulfhere de Mercia estableceuse como señor de Essex en 665 e enviou a Jaruman, bispo de Mercia, a reconverter ao pobo de Essex.
En 686, Cædwalla, un sub-rei de Wessex, estableceuse como señor de Essex. El e Sæbbi invadiron Kent, expulsaron a Eadric, e Sæbbi gobernou sobre Kent occidental. Crese que nesta época, Sæbbi fundou a abadía orixinal de Westminster.
A tumba de Sæbbi sobreviviu ao incendio de 1087 e os seus restos foron transferidos a un sarcófago de mármore negro a mediados do século XII. Este sarcófago foi debuxado por Wenceslaus Hollar, e a súa obra publicada na Historia de St Paul de Dugdale. A tumba foi destruída no Grande incendio de Londres. Erixiuse unha placa a Sæbbi na catedral de Wren.[1]
Notas
↑"The burial of King Aethelred the Unready at St Pauls". The English and their Legacy. Boydell Press.