Sceilg Mhichíl, tamén coñecida como Skellig Michael en inglés, é unha illa rochosa despoboada que se atopa a 11,6 km ao oeste da península de Iveragh, no condado irlandés de Kerry[1]. É a meirande das dúas illas Na Scealaga (a outra é Sceilg Beag). Sceilg Mhichíl significa "Rocha de (San) Miguel" en lingua irlandesa. O seu punto máis alto atópase a 218 msnm e ten unha superficie de 22 ha[2]. Arredor do século VII estabeleceuse un mosteiro cristián na illa e permaneceu ocupado até finais do século XII cando foi abandonado. Os restos do mosteiro así como a illa foron declarados Patrimonio da Humanidade en 1996 pola UNESCO.
Patrimonio da Humanidade
En 1996, o complexo monástico da illa foi incluído na listaxe de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO baseándose en criterios culturais:
...o sitio posúe un valor universal por tratarse dun excepcional, e en moitos aspectos único, exemplo dun asentamento relixioso temperá deliberadamente situado sobre unha rocha
piramidal no océano, preservado grazas á súa salientábel contorna natural. Ilustra, como en ningures, os extermos dun monasticismo cristián moi característico do norte de África, Oriente Próximo e Europa.
UNESCO
Fauna
Xunto coa súa irmá máis nova, Sceilg Beag, Sceilg Mhichíl é unha importante reserva natural. As dúas illas acollen importantes colonias de aves mariñas como mascatos, fulmarus, garruchos, araos romeiros, araos dos cons e araos papagaios. O paíño europeo e a pardela furabuchos tamén aniñan en gran número.
Galería de imaxes
-
O mosteiro.
-
O faro.
-
Escaleiras para subir ao mosteiro.
-
Vista do horizonte dende o mosteiro.
-
Cemiterio dos monxes.
-
Casas dos monxes.
-
Vista das escaleiras
-
Ascenso e vista de Sceilg Beag (a illa pequena)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas