Saúl García Cabrero, nado en Piélagos (Cantabria) o 9 de novembro de 1994, é un futbolista español. Xoga de lateral esquerdo e o seu equipo actual é o Rayo Vallecano da Liga SmartBank.
Traxectoria
O 29 de decembro de 2014 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña cun contrato por catro temporadas e media, xogando o que resta da campaña cedido no Racing de Santander.[1]
O 24 de decembro de 2015 anunciouse a súa cesión ao CD Tenerife, en Segunda División, até o final da tempada 2015–16.[2]
O 8 de xaneiro de 2018 o Deportivo anunciou a súa cesión ao CD Numancia, de Segunda División, até o final da temporada 2017–18.[3]
O 27 de xuño de 2019, anunciouse a súa fichaxe por catro tempadas polo Deportivo Alavés da Primeira División.[4] O 2 de setembro de 2019, anunciouse a súa cesión por unha tempada ó Rayo Vallecano da Segunda División.[5]
Clubs
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas