Satyrium spini

Satyrium spini é unha especie de insecto lepidóptero, pequena bolboreta pertencente á familia Lycaenidae.[1][2]

Foi descrita por Denis & Schiffermüller en 1775.

Descrición

Distribución

Pode atoparse en toda a Península Ibérica e no centro de Europa, até Asia, excluídos cara ao norte os países bálticos.

Período de voo

Univoltino, desde fin de maio a fin de xullo segundo latitude.

Hábitat

Maleza seca, zonas herbosas arbustivas, prados de montaña, claros de bosque.

Plantas nutricias

Como plantas nutricias cítanse Rhamnus lycioides, Rhamnus cathartica, Prunus spinosa, Rhamnus saxatilis, Arctium, Crataegus monogyna e Frangula alnus, entre outras.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas