Os licénidos (Lycaenidae) é a segunda familia máis numerosa de bolboretas despois dos ninfálidos, cunhas 6.000 especies de todo o mundo,[1] que constitúen arredor do 30% de todas as especies de bolboretas coñecidas.
Os adultos son pequenos, de menos de 5 cm normalmente, e de rechamantes cores, ás veces con brillo metálico.
As larvas están a miúdo aplanadas en vez de ter forma cilíndrica, e teñen glándulas que producen secrecións que atraen e dominan as formigas. As súas cutículas tenden a estar engrosadas. Algunhas larvas poden producir vibracións e sons que se transmiten polos substratos nos que viven. Usan estes sons para comunicarse coas formigas.[3][4]
Os individuos adultos adoitan ter colas pelosas similares a antenas e pintas brancas e negras. Moitas especies teñen tamén unha mancha na base da cola e algunhas xíranse ao pousarse para confundir a potenciais predadores e evitar que recoñezan a verdadeira orientación da cabeza.[5]
Características
cara superior das ás frecuentemente de cores brillantes, debido á presenza de escamas iridescentes. Cara inferior de cores crípticas, é dicir, que se confunden co medio que os rodea.
patas anteriores dos machos reducidas a un único segmento tarsal, sen garras tarsais.
antenas cun último segmento xeralmente branco ou de cor clara.
ollos frecuentemente beireados por unha liña de escamas brancas .
vea humeral (=precostal) ausente nas ás posteriores.
as eirugas son curtas e semellan lesmas. Son, frecuentemente, mirmecófilas, e segregan dunhas glándulas abdominais que teñen sobre o dorso un néctar moi aprezado polas formigas.
moitas teñen unha ou varias pequenas colas filamentosas na á posterior que parecen antenas. Isto sérvelles para confundir os depredadores.
Ecoloxía
Os licénidos son moi diversos en canto aos seus hábitos de alimentación e ademais de comeren plantas, algúns comen insectos como áfidos, cocoideos e larvas de formigas. Algúns licénidos aproveitan a súa asociación coas formigas inducindo a estas a alimentalas por regurxitación, un proceso chamado trofalaxia. Non todas as bolboretas licénidas necesitan as formigas, pero un 75% das especies asócianse con elas,[3] unha relación chamada mirmecofilia. Estas asociacions poden ser mutualistas, prasitas ou predadoras dependendo da especie.
Nalgunhas especies as larvas da bolboreta son coidadas e protexidas polas formigas mentres están comendo a planta hóspede, e as formigas reciben delas en troco secrecións ricas en azucres, durante a vida larvaria e nalgunhas especies durante o estadio de pupa. Outras especies só pasan uns poucos ínstares larvarios iniciais nas plantas e o resto da súa vida larvaria funcionan como predadores dentro dos formigueiros. Convértense en parasitas que se alimentan das regurxitacións das formigas, ou en predadores que comen as larvas das formigas.[3] As eirugas pupan dentro de formigueiros e as formigas coidan as pupas. Antes de que emerxa o adulto da pupa as ás da bolboreta dentro do casulo pupal sepáranse del e a pupa faise prateada. A bolboreta adulta sae da pupa pasadas tres ou catro semanas, aínda dentro do formigueiro. A bolboreta debe saír fóra do formigueiro para poder estirar as ás.
Estas asociacións son posibles grazas a varias adaptacións evolutivas e entre elas están a posesión de pequenas glándulas da pel especiais nas eirugas. As eirugas de moitas especies, agás as Riodininae, teñen unha glándula no sétimo segmento abdominal que produce unha secreción doce chamada "glándula nectario dorsal" (ou "glándula de Newcomer"). Un órgano eversible chamado "órgano tentacular" está presente no oitavo segmento abdominal (terceiro segmento do tórax en Riodininae), que é cilíndrico e na parte superior ten un anel de pinchos e emite sinais químicos que se cre axudan a comunicarse coas formigas.[6]
Subfamilias
Moitos taxónomos inclúen dentro de Lycenidae só as subfamilias Lycaeninae, Theclinae, Polyommatinae, Poritiinae, Miletinae e Curetinae.[7][8]
A tribo Aphnaeini da subfamilia Theclinae, que comprende o xénero Chrysoritis, é ás veces considerada unha subfamilia separada.[7]
↑Naomi E. Pierce, Michae, F. Braby, Alan Heath, David J. Lohman, John Mathew, Douglas B. Rand, Mark A. THE ECOLOGY AND EVOLUTION OF ANT ASSOCIATION IN THE LYCAENIDAE (LEPIDOPTERA) 47(1):259-267 [1]
↑ 2,02,1Scoble, MJ. 1992. The Lepidoptera: Form, Function and Diversity. Oxford University Press. ISBN 0-19-854952-0
↑ 3,03,13,2Pierce NE, Braby MF, Heath A, Lohman DJ, Mathew J, Rand DB, Travassos MA. 2002. The ecology and evolution of ant association in the Lycaenidae (Lepidoptera.) Annual Review of Entomology 47: 733-771. PDFArquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
↑DeVries, Philip J. 1992. Singing Caterpillars, Ants and Symbiosis. Scientific American, 267:76
↑Robbins, Robert K. 1981 The "False Head" Hypothesis: Predation and Wing Pattern Variation of Lycaenid Butterflies. American Naturalist, 118(5):770-775
↑ 7,07,1Brower, Andrew V. Z. 2008. Lycaenidae. Version 25 April 2008 (temporary). [2]Arquivado 01 de maio de 2021 en Wayback Machine. en The Tree of Life Web Project, [3]
↑Ackery, P. R., R. de Jong, and R. I. Vane-Wright. 1999. The butterflies: Hedyloidea, Hesperioidea, and Papilionoidea. Páxinas 264-300 in: Lepidoptera: Moths and Butterflies. 1. Evolution, Systematics, and Biogeography. Handbook of Zoology Vol. IV, Part 35. N. P. Kristensen, ed. De Gruyter, Berlin and New York.
↑Hall J.P.W. & Harvey DJ. (2002) A survey of androconial organs in the Riodinidae (Lepidoptera). Zoological Journal of the Linnean Society, 136:171-197
↑ 10,010,1Brower, Andrew V. Z. 2007. Riodinidae Grote 1895. Metalmarks, Erycinidae Swainson 1827 (ver sección de nomenclatura). Versión do 19 de maio de 2007 [4]Arquivado 12 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en The Tree of Life Web Project, [5]
Charles A. Bridges, 1994. Catalogue of the family-group, genus-group and species-group names of the Riodinidae & Lycaenidae (Lepidoptera) of the world Urbana, Ill. :C.A. Bridges pdf
Eliot, J.N.1973 The higher classification of the Lycaenidae] (Lepidoptera): a tentative arrangement. Bulletin of the British Museum (Natural History), entomology, 28: 371-505. 1973: [8]
Glassberg, Jeffrey Butterflies through Binoculars, The West (2001)
Guppy, Crispin S. and Shepard, Jon H. Butterflies of British Columbia (2001)
James, David G. and Nunnallee, David Life Histories of Cascadia Butterflies (2011)
Pelham, Jonathan Catalogue of the Butterflies of the United States and Canada (2008)
Pyle, Robert Michael The Butterflies of Cascadia (2002)