Santo Domingo de la Calzada (citado tamén como San Domingos da Calzada[1]) é un municipio da comunidade autónoma da Rioxa (España) situado á beira do río Oja.
Historia
O seu nome procede do seu fundador Domingo García, que creou unha ponte, un hospital e albergue de peregrinos, para facilitar a peregrinación do Camiño de Santiago ao seu paso pola localidade.
É famoso o "milagre da galiña", que cantou logo de asada, en recordo do cal na catedral hai sempre un galo e unha galiña viva (este milagre cóntase tamén, con poucas variantes, do Galo de Barcelos, Portugal)
En 2009 cúmprese o noveno centenario da morte do seu fundador.
En 2008 tiña unha poboación de 6.698 habitantes nunha superficie de 40,09 km².