Santiago Liste Mourenza, nado cara a 1889 e finado na Coruña o 7 de febreiro de 1944,[1] foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
Con propiedades en Corvelle (Os Ánxeles, Melide). Emigrou a Cuba nos primeiros anos vinte, e desde a illa enviou crónicas para El Compostelano. Ao seu retorno foi axente comercial en Galicia. Participou nas campañas agraristas de principios dos anos vinte.[2] Foi correspondente da revista Galicia da Habana en Galicia, seguiu colaborando en El Compostelano, publicou artigos en El Ideal Gallego e El Eco de Santiago, e foi redactor de El Noroeste. Asinaba como S. Liste Mourenza.
Vida persoal
Casou na Coruña con Carmen Juega López en xuño de 1925.[3]