Santa Fe de Antioquia[1] é un concello de Colombia que se atopa na subrexión Occidente de Antioquia, departamento do que foi capital até o 17 de abril de 1826. Limita polo norte cos concellos de Giraldo e Buriticá, polo nordeste cos concellos de Buriticá, Liborina e Olaya, polo leste cos concellos de Olaya e Sopetrán, polo sur cos concellos de Ebéjico, Anzá e Caicedo, e polo oeste cos concellos de Caicedo, Abriaquí e Giraldo.
Santa Fe é monumento nacional pola arquitectura da época colonial; posúe 7 igrexas e unha gran cantidade de casas dos séculos XVI, XVII e XVIII.
Notas
↑"Santa Fe". Real Academia Española. Consultado o 18 de agosto de 2008. De acuerdo al Diccionario panhispánico de dudas, la grafía Santafé solo debe usarse en Bogotá