Santa Clara foi fundada en 1689, é a capital da provincia cubana de Villa Clara (tamén coñecida como Las Villas). Posúe unha poboación estimada de 217.000 habitantes(1994). É un centro comercial e de comunicacións localizado nun nó de estradas e ferrocarril. Tamén ten un aeroporto. A gandería foi a actividade tradicional até o século XIX, no que a cana de azucre se volveu importante. O procesamento e comercialización de tabaco ten lugar na provincia. É a cidade máis poboada da rexión central da illa de Cuba.
Capturada polas forzas guerrilleiras baixo o mando do comandante Che Guevara finais de 1958 durante a revolución dirixida por Fidel Castro contra Fulgencio Batista e Zaldívar. Actualmente descansan os restos do Che no Memorial desta cidade.