Sanditon é unha serie de televisión británica adaptada por Andrew Davies a partir da obra inconclusa Sanditon de Jane Austen. Está protagonizada por Rose Williams, Crystal Clarke, Theo James e Ben Lloyd-Hughes. Ambientada durante a Rexencia británica, a trama segue a unha rapaza nova e inxenua mentres navega polo novo balneario de Sanditon. Por mor da natureza inconclusa da obra, o material orixinal só serviu de base para o primeiro episodio, e despois Davies desenvolveu os personaxes para completar a historia.[1] A novela está ambientada nunha cidade costeira durante unha época de cambio social. No momento da súa morte en 1817, Austen tiña completado 24.000 palabras da novela, o que supón once capítulos xunto cunha parte dun duodécimo.[2]
Personaxes
Notas