San Vicente é a cidade capital e municipio do departamento homónimo no Salvador. Foi fundada no ano 1635 e chegou a ser capital do Estado entre 1834 a 1840, cando O Salvador formaba parte da República Federal de Centro América. Durante a colonización española, foi unha das localidades máis importantes da Intendencia de San Salvador.
Segundo o censo de 2007, a súa poboación era de 53 213 habitantes.