San Roque de Fóra é un barrio da parroquia de Visma, situado na zona noroeste da Coruña. Historicamente era unha pequena vila mariñeira con casas dun só andar pertencente ó antigo concello de Oza (anexionado ó concello da Coruña en 1912), porén nas últimas décadas o lugar foi absorbido pola cidade e foron construídos grandes bloques de vivendas, desaparecendo dese xeito o seu aspecto orixinal. A derradeira casa de planta baixa do barrio foi demolida o 22 de maio de 2014[2].
Galería de imaxes
Fronteira entre os antigos concellos da Coruña e de Oza no lugar de San Roque de Fóra.
Hórreo onde estaba o antigo núcleo de San Roque de Fóra.
Placa onda o hórreo.
Lugares e parroquias
Lugares de Visma
Lugares da parroquia de Visma no concello da Coruña