San Cristovo das Viñas, A Coruña

San Cristovo das Viñas
ConcelloA Coruña[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°22′17″N 8°24′19″O / 43.371388888889, -8.4052777777778
Área5 km²
Poboación5.443 hab. (2014)
Densidade1.088,6 hab./km²
Entidades de poboación16[2][1]
editar datos en Wikidata ]

San Cristovo das Viñas é unha parroquia que se localiza na parte central oeste do concello da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2014 tiña 5443 habitantes (2608 homes e 2835 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en 250 habitantes en relación ao ano anterior.

Moitos núcleos de poboación históricos da parroquia (A Sardiñeira, Vioño, O Ventorrillo, Outeiro etc.) foron absorbidos pola localidade da Coruña para os efectos de nomenclátor, non sendo contabilizados nas estatísticas oficias da parroquia a pesar de estaren situados dentro dela. Tamén acontece isto mesmo co Polígono de Elviña –cuxa maior parte se atopa na parroquia de San Cristovo e non na de Elviña, a pesar de que o seu nome indique o contrario–.

A parroquia de San Cristovo das Viñas pertenceu ao antigo concello de Oza ata 1912, data na que o devandito foi anexionado polo concello da Coruña.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de San Cristovo das Viñas

Lugares da parroquia de San Cristovo das Viñas no concello da Coruña

O Birloque | O Bosque | A Cabana | Cances | A Cova | Fontenova | A Grela | Laxes de Orro | Lonzas | O Martinete | A Moura | San Cristovo das Viñas | San Xosé | Someso | A Silva

Parroquias da Coruña

Notas

Véxase tamén

Outros artigos