Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
San Martiño.
San Martiño de Meanos é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Zas. Segundo o Instituto Galego de Estatística,[2] en 2020 tiña 436 habitantes (195 homes e 241 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 715 habitantes. É a parroquia máis extensa de todo concello con 18,30 km cadrados.[3][Cómpre referencia] Eclesiasticamente pertence ó Arciprestado de Céltigos e é parroquia matriz da de Santa Sía de Roma.
Patrimonio
No lugar das Edreiras atópase o Pazo das Edreiras, do século XVII.
A igrexa parroquial de San Martiño de Meanos, con formas barrocas do século XVIII, na que destacan a súa fachada, o presbiterio e o seu retablo barroco-rococó. Alberga no seu interior o Santo Cristo de Meanos[4], un xigantesco Cristo feito en pedra. A peza, datada no século XVII, foi atopada en xuño de 1990 enterrada nunha caseta anexa a igrexa parroquial, durante a restauración da mesma. A imaxe mide 143 cm e pénsase que foi enterrada cando se colocou o actual retablo maior.
Lugares e parroquias
Lugares de San Martiño de Meanos
Parroquias de Zas
Notas
Véxase tamén
Outros artigos