San Pedro de Brandomil[1] é unha parroquia do concello de Zas, na comarca da Terra de Soneira, provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 225 habitantes (129 mulleres e 96 homes), o que representa unha diminución con respecto o ano 1999. Ten sete entidades de poboación.
Historia
A aldea de Brandomil serviu ó poeta galego Eduardo Pondal para pórlle nome ó heroe celta que protagonizaba varios dos seus textos[2].
Xeografía
Linda coas parroquias de San Tirso de Muíño e Santa María de Brandoñas no propio concello de Zas, e con San Cosme de Antes, San Mamede de Alborés, e Santo Tomé dos Vaos no concello de Mazaricos.
Etimoloxía
O termo Brandomil pola súa terminación aparenta formar parte do conxunto de topónimos de orixe xermánica (sueva), aínda que Moralejo Lasso, Martínez Lema, Cabeza Quiles, Lema Suárez e Evaristo Domínguez apuntan a un hidrónimo Grandimirum/Glandomiron céltico indoeuropeo prelatino.[3]
Festas
Nesta parroquia celébranse catro festas: santo Antonio o primeiro domingo de xuño, o patrón san Pedro o 29 de xuño, o Santísimo Sacramento o 30 de xuño e san Miguel o 29 de setembro.
Patrimonio
A ponte de Brandomil é do século XVI. As últimas teorías arqueolóxicas sitúan aquí o núcleo romano de Claudionerium [Cómpre referencia].
Lugares e parroquias
Lugares de Brandomil
Parroquias de Zas
Notas
Véxase tamén
Outros artigos