San Lourenzo de Fustáns é unha parroquia do concello ourensán de Gomesende [ 2] , situado na comarca da Terra de Celanova . Segundo o IGE, en 2018 tiña 177 habitantes (88 homes e 89 mulleres), 56 menos que no 2007.
DemografÃa
A parroquia conta con dezasete núcleos territoriais que son: Agrufeixe, As Barreiras, Casaldrigo, A Casanova, Cimadevila, Dornelas, Fustáns, Garabelos, A Granxa, A Legumieira, A Ocella, Os Outeriños, Redondallo, As Regas, A Trigueira, A Veiga e Vilacova. Asà a todo, as zonas nas que se concentra a meirande parte da poboación da parroquia son as aldeas de Fustáns (58 habitantes), Garabelos (35 habitantes), Dornelas (31 habitantes) e A Casanova (15 habitantes). Pola contra, Redondallo e a Legumieira son pequenos núcleos nos que non reside ninguén.[ 3]
O declive demográfico debeuse á emigración cara ás cidades de Vigo e Ourense en busca de oportunidades laborais como consecuencia da pouca industria da zona.[Cómpre referencia ] Ademais, hai que destacar a condición minifundista do sector agrario existente no lugar.[Cómpre referencia ]
Situación xeográfica
Conecta coa capital da provincia, situada a 44 km, a través das estradas nacionais OU-540 e OU-531 , que serve como enlace coa vila de Celanova , da que dista 24 km e coa pequena vila termal de Cortegada , situada a 7,7 km da parroquia. A autovÃa A-52 e as estradas PO-406 e OU-531 conectan con Vigo , a 71,7 km. A fronteira con Portugal encóntrase a 17 km da parroquia.
Patrimonio
Igrexa parroquial en honra a San Lourenzo.
Souto dos arredores da capela de Santo Antonio.
Santo Antonio, A Casanova. Capela da Nosa Señora da Magdalena.
O 7 de abril de 1045, Rodrigo Gutiérrez doou a parroquia ás terras de Celanova.[ 4] A capela de Santo Antonio sitúase na pequena aldea da Casanova, a carón da estrada OU-212. O couto conta cun espazo de mesas de pedra baixo unha carballeira, que durante a romarÃa do patrón (13 de xuño), adoita ser usada como punto de descanso. A igrexa parroquial de San Lourenzo está en Dornelas, e data do século XVIII, concretamente a súa construción comezou en 1717. A actividade foi patrocinada por señores feudais, laicos e relixiosos.[Cómpre referencia ]
Asemade, na aldea de Garabelos encóntrase a pequena capela da Nosa Señora da Magdalena (1737), que garda un estreito parecido coa igrexa parroquial, xa que ambos os templos son barrocos e foron construÃdos pola mesma persoa.[Cómpre referencia ]
Festas
Os dous festivos locais da parroquia son o 13 de xuño (Santo Antonio ) e 10 de agosto (San Lourenzo ).
GalerÃa de imaxes
Cruceiro na igrexa parroquial de Fustáns.
Escultura de San Lourenzo na fachada da igrexa parroquial de Fustáns.
Fachada da igrexa parroquial de Fustáns.
Detalle da fachada da igrexa parroquial de Fustáns.
Lugares e parroquias
Lugares de San Lourenzo de Fustáns
Parroquias de Gomesende
Notas
Véxase tamén
Outros artigos