Situada a unha altitude media de 5 msnm, ocupa un territorio de 3,77 km². No ano 2009 albergaba unha poboación de 4 517 habitantes,[2] polo que a densidade de poboación nese ano era de 1 198,14 hab./km².
Dispón dunha das praias máis extensas de Asturias, con máis de 2 500 m de lonxitude, que está dividida en dúas: a praia de San Juan de Nieva, e a praia de Salinas propiamente dita. É un importante centro de lecer de verán na costa asturiana.
Salinas alberga o Museo de Áncoras "Philippe Cousteau", en cuxa contorna se encontra o monumento a Philippe Cousteau (fillo de Jacques-Yves Cousteau, e oceanógrafo e cineasta coma el), obra de Vicente Menéndez-Santarúa Prendes.
En xullo de 2005 iniciáronse escavacións arqueolóxicas para a súa recuperación, pasando a albergar un museo sobre a historia local, xunto con centro de interpretación do castelo de Gauzón, localizado en Raíces Nuevo.
O desenvolvemento moderno de Salinas está estreitamente vinculado á implantación e actividade da Real Compañía Asturiana de Minas, actualmente denominada Asturiana de Zinc, así como ao Real Club Náutico de Salinas. Este último xurdiu por iniciativa de varias familias de Oviedo e Madrid que pasaban tradicionalmente as súas vacacións en Salinas.