Salón do Cómic e Ilustración de Cangas

Salón do Cómic e Ilustración de Cangas
Vista do Salón do Cómic e a Ilustración celebrado no 2024 no Auditorio de Cangas Editar o valor en Wikidata
Tipoevento anual e convención ou festival de banda deseñada
PropósitoPromoción da BD e da ilustración
Data de fundación1999
Eventos/ActividadesExposicións de orixinais, talleres, paneis de discusión, encontros con autores, certame cosplay, obradoiros, cine, sinaturas
PaísGalicia
Na rede
Facebook: saloncomiccangas Instagram: salon_comic_cangas Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Vista do Salón de Cómic e a Ilustración celebrado no 2018 na Praza de Abastos.
Estrela do artista Kiko da Silva do Boulevard do Salón do Cómic e a Ilustración de Cangas.

O Salón do Cómic e a Ilustración de Cangas é un evento anual arredor da banda deseñada e a ilustración, celebrado en celébrase en Cangas dende 1999 da man da Consellería de Xuventude do Concello. Móstranse traballos inéditos de artistas e debuxantes de banda deseñada, ademais de exposicións, dedicatorias dos autores, sesións de cine e mesmo concursos de cosplay.

Historia

A asociación cultural Xiria (que en 1984 creara a Mostra de Teatro Cómico e Festivo)[1] celebrara varias xornadas dedicadas a esta arte. En 1999 a Consellería de Xuventude decidiu celebrar o primeiro evento, co nome de Salón do Cómic de Cangas.

O salón adoita celebrarse no Auditorio de Cangas Xosé Manuel Pazos, edificio inaugurado no 2001. O recinto conta con distintos espazos. No vestíbulo celébranse os obradoiros e as charlas cos artistas, e na sala de exposicións no terceiro andar os 72 metros de parede permiten expor os orixinais, bosquexos e demais obra dos artistas convidados en cada edición. O anfiteatro resérvase para as proxección de filmes durante o Salón.[2]
No ano 2018 o salón trasladou a súa actividade á Praza de Abastos municipal, ao atoparse nunha localización máis accesible ao gran público e tamén porque ese ano se buscaba reivindicar o papel da muller no eido da banda deseñada, co que se procurou convidar un gran número de mulleres artistas e localizar o evento nun espazo tan importante para o sector feminino da comarca.[3] O salón adoita ter un recinto dende o que se fai as exposicións e co tempo foi engadindo novas localizacións como a Capela do Hospital, onde se celebrou un dos concursos pasarela cosplay ou o Boulevard, onde se dispuxo de estrelas da fama.[4]

Edicións

3º Salón do Cómic de Cangas [5]

  • Data: 1999 {15-20 marzo}
  • Autor do cartel: Norberto Fernández[6]
  • Artistas: Norberto Fernández, Vanessa Durán, Sergio Bleda,[7] Ramón F. Bachs
  • Novidades: Nace o Certame do Cómic, os afeccionados poden ver a súas propostas expostas durante o Salón.[8]

4º Salón do Cómic de Cangas

  • Data: 2000 {17-22 xullo}
  • Autor do cartel: Norberto Fernández [6]
  • Artistas: Miguelanxo Prado, Daniel Acuña, Julián Hernández, José Luís Agreda, Fauste C. Isorna, Mónica
  • Novidades: 0

5º Salón do Cómic de Cangas

  • Data: 2001 {23-29 xullo}
  • Autor do cartel: Daniel Montero[6]
  • Artistas: Gene Ha, Carlos Ezquerra, Javi Rodríguez
  • Novidades:

6º Salón do Cómic de Cangas

  • Data: 2002 {15-21 xullo}
  • Autor do cartel: Daniel Montero[6]
  • Artistas: Mauro Entrialgo, Carlos Ezquerra, Javi Rodríguez
  • Novidades:

7º Salón do Cómic de Cangas

  • Data: 2003 {21-27 xullo}
  • Autor do cartel: Gene Ha[6]
  • Artistas: Carlos Pacheco, David López, Carlos Puerta, David Rubín, Miguel Porto, Kiko da Silva, Miguel Robledo
  • Novidades:
  1. O salón estrea O tebeo, unha revista para recoller os traballos presentados nos Certames de Cómic.[9]

8º Salón do Cómic de Cangas

9º Salón do Cómic de Cangas

  • Data: 2005 {18-24 xullo}
  • Autor do cartel: Mónica (pseudonimo de José A. Calvo)[6]
  • Artistas: Fran Bueno, Horacio Altuna, Marcos Calo, Javier Pulido
  • Novidades:

10º Salón do Cómic de Cangas

  • Data: 2006 {18-24 xullo}
  • Autor do cartel: José A. Calvo[6]
  • Artistas: Pascual Ferry, Félix Vega, Luís Davila.
  • Proxección:
  • Novidades:
  1. Co gallo do décimo cabodano expónse orixinais de tódolos artistas convidados dende o comezo do Salón.[10]

11º Salón do Cómic de Cangas

  • Data: 2007 {16-22 xullo}
  • Autor do cartel: Luís Davila[6]
  • Artistas: Juan Díaz Canales, Juanjo Guarnido, Fernando iglesias, Kenny Ruíz
  • Novidades:

12º Salón do Cómic de Cangas

  • Data: 2008 {21-27 xullo}
  • Autor do cartel: Kenny Ruíz[6]
  • Artistas: Manel Fontdevila, Al Barrionuevo, Tirso Cons
  • Proxeccións: El motorista fantasma, Los 4 fantásticos 2, Transformers, Beowulf e Ratatouille. [11]
  • Novidades:
  1. O salón estrea páxina oficial.
  2. Luís Davila e Julio Carabias (Jvlivs) dirixen obradoiros de caricatura e cómic. [11]
  3. Exposición que recolle os 10 anos de Banda deseñada galega, coordinada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).[12]
  4. O salón homenaxea a Horacio Altuna polo seu apoio cunha insignia de ouro e outr a prata para o resto de artistas de esta edición. [13]

13º Salón do Cómic de Cangas

  • Data: 2009 {20-26 xullo}
  • Autor do cartel: Manel Fontdevila[6]
  • Artistas: Diego Olmos, Montse Martín, Alberto Guitián, Gabor.
  • Proxeccións: Iron man, Los 4 fantásticos 2, Super hero movie, Hellboy 2: El ejército dorado e Wall.e. [14]
  • Novidades:
  1. Os artistas convidados debuxaran en vivo con adicatorias aos seus fans antes de cada charla-coloquio.[15]


14º Salón do Cómic de Cangas

  • Data: 2007 {23-31 outubro}
  • Autor do cartel: Bartolomé Seguí[6]
  • Artistas: David Rubín, Kike Benlloch, Jacobo, Fernández, Felipe H. Cava, Bartolomé Seguí, Fran Jaraba
  • Novidades:

15º Salón do Cómic de Cangas

  • Data: 2012 {23-29 xullo}
  • Autor do cartel: Alberto Guitián[6]
  • Artistas: Jose Domingo, Emma Ríos, Álex Cal.
  • Proxeccións: Ponyo, Capitán América, Chico e Rita, Como entrenar a tu dragón, Persépolis e Up.[16]
  • Novidades:

16º Salón do Cómic de Cangas

  • Data: 2013 {22-28 xullo}
  • Autor do cartel: José Domingo[6]
  • Artistas: Manel Craneo, David Lafuente, Marina Seoane.
  • Proxeccións: Los vengadores, Las aventuras de Tadeo Jones, Frankenweenie, Rompe Ralph!, The amazing Spider-Man e Brave.[17]
  • Novidades:
  1. Rebautizase o nome so salón como Salón do Cómic e a Ilustración de Cangas.[18]
  2. El concierto de Uxía "Rosalía Pequeniña" programado para o derradeiro día do salón cancelouse debido ao accidente ferroviario de Santiago de Compostela en Agrois.

17º Salón do Cómic de Cangas

  • Data: 2016 {18-24 xullo}
  • Autor do cartel: Mónica[6]
  • Artistas: Fernando Blanco, Guillermo, Bernando Vergara, Víctor Rivas.
  • Proxeccións: Deadpool, Los vengadores: la era de Ultrón, Carlitos y Snoopy, Big Hero 6 [19] [20]
  • Novidades:
  1. O salón volta tras dous anos debido a problemas económicos do concello.[21]
  2. Víctor Rivas expuso nesa edición na Capela do Hospital unha mostra das ilustracións das obras feitas conxuntamente con Ledicia Costas; Escarlativa, a cociñeira defunta (Xerias 2014) premiado co Premio Merlín e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e Esmeraldina, a pequena defunta (Xerias 2016). [20]
  3. Exposición sobre a carreira e legado de Castelao titulada "De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego" que contará con explicacións en lingua de signos.[22]

18º Salón do Cómic de Cangas

  • Data: 2018 {16-22 xullo}
  • Autor do cartel: Víctor Rivas[6]
  • Artistas: Gazpacho Agridulce, Cristina Durán, Pacheco & Pacheco, Quan Zhou Wu, Raquel Riba, Bea Lima, José Antonio Calvo Téllez.
  • Proxeccións: Kubo y las dos cuerdas mágicas, Valerian y la ciudad de los mil planetas, Guardianes de la galaxia Vol.2 [23]
  • Novidades:
  1. O salón cambia de localización e celébrase na praza de abastos.
  2. Celébrase o primeiro Concurso pasarela Cosplay.[24]
  3. Recuperación da revista "O Tebeo" para recopilar as obras do Certamen de Cómic.[25]

19º Salón do Cómic de Cangas

  • Data: 2021 {19-25 xullo}
  • Autor do cartel: Susi Broullón[6]
  • Artistas: Ana Oncina, Leandro Barea, Javier Olivares, Santigo Sequeiros.
  • Proxeccións: Los Increíbles 2, Mirai, mi hermana pequeña (v.o.s.), SpiderMan un nuevo universo, Terra Willy, Como entrenar a tu dragón 3.[26]
  • Novidades:
  1. Por mor da Pandemia de COVID-19 o salón do 2020 celebrouse no 2021.[27]


Galería de imaxes

Algunhas imaxes para documentar mellor o evento e as experiencias celebradas:

Notas

  1. "A mostra de Teatro Cómico e festivo". Consultado o 2020-09-04. 
  2. "O Salón no Auditorio de Cangas". Consultado o 2020-07-23. 
  3. "O Salón na praza de abastos". Consultado o 2020-07-23. 
  4. "El Salón del Cómic de Cangas cumple 20 años y estrenará un paseo de la fama". Consultado o 2020-08-22. 
  5. "Nace o Certame do Cómic" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xuño de 2024. Consultado o 23 de julio de 2024. 
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 6,12 6,13 6,14 6,15 6,16 "Artistas dos carteis". Consultado o 23 de julio de 2024. 
  7. "1999 Sergio Bleda convidado". Consultado o 23 de julio de 2024. 
  8. "Nace o Certame do Cómic" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xuño de 2024. Consultado o 23 de julio de 2024. 
  9. "El Salón do Cómic de Cangas ofrece talleres y conferencias de los autores". Consultado o 23 de julio de 2024. 
  10. "El Salón do Cómic abre sus puertas con cientos de trabajos". Consultado o 23 de julio de 2024. 
  11. 11,0 11,1 "Manel Fontdevila, Al Barrionuevo y Tirso Cons estarán en el Salón do Cómic de Cangas". Consultado o 23 de julio de 2024. 
  12. "O Salón de BD de Cangas traénos a Tirso Cons, Al Barrionuevo e Manel Fontdevila". Consultado o 23 de julio de 2024. 
  13. "Copia arquivada". Archived from the original on 16 de maio de 2013. Consultado o 04 de setembro de 2024. 
  14. "O Salón de BD de Cangas". Consultado o 23 de julio de 2024. 
  15. "DIEGO OLMOS E ALBERTO GUITIÁN PARTICIPAN NO 13º SALÓN DO CÓMIC DE CANGAS". Consultado o 23 de julio de 2024. 
  16. "A banda deseñada volta a Cangas". www.nosdiario.gal. Consultado o 23 de julio de 2024. 
  17. "XVI Salón do Cómic e a Ilustración de Cangas". www.zonanegativa.com/. Consultado o 23 de julio de 2024. 
  18. "El "Salón do Cómic" recibe a unos invitados de excelencia". farodevigo.es. Consultado o 25 de julio de 2024. 
  19. "Empieza el Salón del Cómic e Ilustración de Cangas". lavozdegalicia.es/. Consultado o 23 de julio de 2024. 
  20. 20,0 20,1 "Batman veranea en Cangas con Castelao". lavozdegalicia.es/. Consultado o 23 de julio de 2024. 
  21. "XVII Salón do Cómic e Ilustración". www.briefinggalego.com. 
  22. "La exposición sobre Castelao y el cómic, en el Salón de Cangas hasta final de mes". farodevigo.es/. Consultado o 23 de julio de 2024. 
  23. "Salón do comic". cangas.gal/. Consultado o 25 de julio de 2024. 
  24. "18 Salón do Cómic e Ilustración de Cangas". cangas.gal/es. Consultado o 25 de julio de 2024. 
  25. "Cómic en la plaza de abastos". farodevigo.es/. Consultado o 25 de julio de 2024. 
  26. "Programa 19º Salón do Comic e Ilustración". cangas.gal/. Consultado o 25 de julio de 2024. 
  27. "El lunes comienza la 19ª edición del Salón del Cómic de Cangas do Morrazo (Pontevedra)". elespanol.com/es. Consultado o 25 de julio de 2024.