A súa proximidade coa fronteira suíza (e coa propia Xenebra, uns 9 km), e que parte do CERN estea situado en solo de Saint-Genis-Pouilly e áreas lindeiras, fai que sexa un lugar no que comunmente habitan persoas que traballan ó outro lado da fronteira, moitos deles no CERN ou nas Nacións Unidas (Sede de Xenebra).
Por este motivo, pola falta de oferta de vivenda de Xenebra e os seus elevados prezos, e trala adhesión de Suíza ó Acordo de Schengen, Saint-Genis sufriu un espectacular crecemento durante a década do 2000, sendo unha vila en constante expansión e incremento do prezo da vivenda.
Antes da decisión por referendo de pechar as fronteiras por parte de Suíza, o servizo de Transportes Públicos de Xenebra (TPG) e a administración de Saint-Genis acordaran prolongar a liña de tranvía de Xenebra, que conectaría a vila francesa coa cidade suíza. Trala decisión de pechar as fronteiras, ese acordo quedou suspendido e probablemente o proxecto sexa cancelado antes de comezar.