Sad Sirub

Modelo:BiografíaSad Sirub
Biografía
Nacemento6 de setembro de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Bagdad, Iraq Editar o valor en Wikidata
Bispo titular
11 de xaneiro de 2014 –
Bispo auxiliar
11 de xaneiro de 2014 –
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Gregoriana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2014–), sacerdote católico (2001–), profesor universitario Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónLuís Rafael I Saku Editar o valor en Wikidata

Sad Sirub (en árabe: سعد سيروب), nado en Bagdad (Iraq) o 6 de setembro de 1972, é un eclesiástico católico caldeo, bispo e visitador apostólico para os caldeos de Europa dende 2016.

Traxectoria

Logo de rematar os estudos de Enxeñaría aeronáutica en Bagdad, comezou estudos de filosofía no Seminario Patriarcal Caldeo. Posteriormente estudou Teoloxía na Pontificia Universidade Urbaniana, e logo de ser ordenado sacerdote o 13 de outubro de 2001, licenciouse en Filosofía pola Pontificia Universidade Gregoriana. Entre 2005 e 2006 foi párroco de San Xacobe de Bagdad, e en 2008 doutorouse en Teoloxía en Roma, e posteriormente volveu a Bagdad onde foi párroco da catedral de San Xosé de Bagdad.

O 10 de xuño de 2013 foi elixido bispo auxiliar do patriarcado de Babilonia e bispo titular de Hirta. Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca Luís Rafael I Saku o 24 de xaneiro de 2014. O 19 de novembro de 2016 substituíu a Ramsi Karmu como visitador apostólico dos caldeos residentes en Europa.

Notas


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ramsi Karmu
 Visitador apostólico dos caldeos en Europa 
dende 2016
Sucesor:
(no cargo)