Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Sabela.
Sabela Labraña Barrero, nada en Cedeira o 28 de outubro de 1952 e finada en Barcelona o 26 de decembro de 2015, foi unha mestra e lingüista galega.
Traxectoria
Estudou maxisterio e diplomouse de ensino primario na Universidade de Santiago de Compostela en 1974. Nos seus destinos como docente foi dar a Madrid (1977) e logo en 1979 a Santa Coloma de Gramenet[1]. (Barcelona). Na cidade de Barcelona estableceuse e proseguiu a súa formación. Na Universidade de Barcelona licenciouse en Filoloxía Románica coa especialidade en galego-portugués, onde traballou con Basilio Losada. Doutorouse nesta universidade tamén, en 2005, ao tempo que desenvolvía a súa carreira pedagóxica como docente de lingua galega nesa universidade, onde permaneceu ata 2011. Regresou ao ensino secundario, onde foi docente durante catro anos máis ata a súa morte en 2015.
Como investigadora, o seu campo foi a fonética e a fonoloxía. A súa tese virou ao redor das consoantes fricativas do galego (2005). Con todo, tamén realizou investigación na sociolingüística e no contacto lingüístico entre culturas de migrantes. Tamén foi pioneira na pedagoxía da lingua galega cara aos non galego-falantes, coa creación do Proxecto Galauda, de ensino de galego na secundaria catalá, e dirixiu o primeiro manual de galego dirixido a non galegos, Vencello.
En 2017 a Asemblea Cultural Galega en Barcelona creou a Biblioteca Sabela Labraña nos locais da asociación, no Ateneu Roig de Gràcia.[2]
En 2018 a libraría Chan da Pólvora organizou a exposición Suspensión. Unha homenaxe a Sabela Labraña, con tintas do artista Alfredo Salom, feitas a partir de poemas do libro A lentitude, de María do Cebreiro.[3]
Obra
- "Usos lingüístics dels gallecs a Catalunya", en VILA I MORENO, F. (ed.): Posar-hi la base: usos i aprenentatge lingüístics en el domini català. Barcelona: Institut d'Estudis Catalans / Xarxa CRUSCAT. pp. 57–63 PDF (2012)
- "Transmisión interxeracional do galego no contexto multilingüe catalán", en RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, O.; CARBALLO PIÑEIRO, L.; BALTRUSCH, B. (eds.): Novas achegas ao estudo da cultura galega. II. Enfoques socio-históricos e lingüístico-literarios. A Coruña: Universidade da Coruña / Asociación Internacional de Estudos Galegos. [DVD] pp. 59–76. (2012)
- EuroComRom - As sete peneiras: Saber ler axiña todas as linguas románicas. Aachen: Shaker Verlag. (Amb I. Vázquez; H.G. Klein; T.D. Stegmann) (2009)
- "Intonation des phrases interrogatives avec l'expansion du sujet et avec l'expansion de l'objet du catalan barceloní". Géolinguistique, 10, pp. (Con D.T. Szmidt; J. Castellví; L. Aguilar). (2008)
- "Crea identitat la llengua gallega?", en MASSIP, À. (coord.): Llengua i identitat. Barcelona: Publicacions de la Universitat de Barcelona, pp. 83–95. (2008)
- "Las consonantes fricativas de la lengua gallega". Estudios de Fonética Experimental, 17, pp. 193–213. (2008)
- "O galego na secundaria de Catalunya. Cara a unha educación multicultural", en GONZÁLEZ, H.; LAMA, M.X. (eds.): Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península. Barcelona 28 ó 31 de maio de 2003. Sada-A Coruña: Ediciós do Castro / Asociación Internacional de Estudos Galegos / Filoloxía Galega (Universitat de Barcelona). [DVD] pp. 803–816. (Con Concha Castroviejo Bolívar, Alexandre Fernández Nerín e Joaquín Mindán Navarro) pdf (2007)
- "Catalán e galego. Do coñecemento das linguas á convivencia das culturas", en GONZÁLEZ, H.; LAMA, M.X. (eds.): Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península. Barcelona 28 ó 31 de maio de 2003. Sada-A Coruña: Ediciós do Castro / Asociación Internacional de Estudos Galegos / Filoloxía Galega (Universitat de Barcelona). [DVD] pp. 817–830. (Con Eduard del Castillo Velasco) pdf (2007)
- Vencello. Lingua e cultura galegas para estudiantes de fóra de Galicia. Ensino secundario e adultos. Dir. Sabela Labraña Barrero. Cabrera de Mar: Galerada. 2a. ed. act. e corr. web Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (2007)
- "An acoustic approach to the Galician gheada", en SOLÉ, M.L.; RECASENS, D. e ROMERO, J. (ed.): Proceedings of the 15th International Congress of Phonetic Sciences. Barcelona: Universitat Autònoma de Barcelona. vol. I, pp. 945–948. (Con C. van Oosterzee). (2003)
- "Ampliació de la consciència lingüística plural en els alumnes a través de l'educació multicultural", en PERERA, J. (ed.): Plurilingüisme i educació: els reptes del segle XXI. Ensenyar llengües en la diversitat i per a la diversitat. Barcelona: Institut de Ciències de l'Educació. pp. 251–258. (2003)
- Vencello. Lingua e cultura galegas para estudiantes de fóra de Galicia. Ensino secundario e adultos. Dir. Sabela Labraña Barrero. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. (2001)
- "Identidade e usos lingüísticos. Segunda xeración de inmigrantes galegos en Cataluña", en RIQUER, I.; LOSADA, E.; GONZÁLEZ, H. (eds.): Ensinar a pensar con liberdade e risco. Homenaxe a Basilio Losada. Barcelona: Universitat de Barcelona. pp. 463–471. (2000)
- "Prexuízos lingüísticos e identificación social", en ÁLVAREZ BLANCO, R.; VILAVEDRA, D. (coords.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. pp. 519–532. (1999)
Traducións
Vida persoal
Foron nove irmáns, entre eles o escritor Carlos Labraña. Foi parella do pintor Alfredo Salom.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas