SG̲aawaay Ḵ'uuna

SG̲aawaay Ḵ'uuna
Ficha técnica
Título orixinalSG̲aawaay Ḵ'uuna
DirectorGwaai Edenshaw
Helen Haig-Brown
ProdutorJonathan Frantz
Stephen Grosse
GuiónGwaai Edenshaw
Jaalen Edenshaw
Graham Richard
Leonie Sandercock
IntérpretesTyler York
William Russ
Adeana Young
MúsicaKinnie Starr
FotografíaJonathan Frantz
MontaxeSarah Hedar
EstudioNiijang Xyaalas Productions
DistribuidoraIsuma
EstreaHaida Gwaii: 1 de setembro de 2018
Festival de Toronto: 7 de setembro de 2018
Duración100 minutos[1]
Orixe Canadá
XéneroDrama
Na rede
http://www.isuma.tv/members/edge-of-knife
IMDB: tt8947034 Filmaffinity: 423832 Editar o valor en Wikidata

SG̲aawaay Ḵ'uuna (IPA: [sɢ̥aːwaːj qʼuːna]; tamén coñecido co seu título en inglés: Edge of the Knife) é un filme canadense de 2018 dirixido por Gwaai Edenshaw e Helen Haig-Brown. É o primeiro filme falado só en dialectos da lingua haida. Ambientado no arquipélago de Haida Gwaii no século XIX, narra unha historia clásica do pobo haida sobre un home traumatizado e varado que se tranforma en Gaagiixiid, o salvaxe.

Sinopse

Durante o verán, dúas grandes familias haida reúnense para o seu retiro anual de pesca no arquipélago de Haida Gwaii. Adiitsʹii, un nobre encantador, causa a morte accidental do fillo do seu mellor amigo Kwa, polo que marcha só ó salvaxe. Adiitsʹii está atormentado polo que fixo e entra nunha espiral de tolemia, converténdose en Gaagiixiid, un ser sobrenatural que tolea de fame. Inesperadamente sobrevive o inverno e na reunión do ano seguinte, as familias tentan converter a Gaagiixiid de novo en Adiitsʹii, ó tempo que Kwa loita contra o seu desexo de vinganza.

Personaxes

  • Tyler York como Adiitsʹii / Gaagiixiid
  • Willy Russ como Kwa
  • Adeana Young como Hlaaya, muller de Kwa e nai de Gaas.[2]
  • Greg Brown como Gaasʹ Xaantsʹii, fillo de Kwaa e Hlaaya. A súa morte provoca a tolemia de Adiits'ii

Notas

  1. Festival Internacional de Cinema de Toronto (ed.). "Edge of the Knife". Consultado o 11 de agosto de 2018. 
  2. Isuma (ed.). "Character Bios". Consultado o 11 de maio de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas