Os haida[2] son un pobo indíxena que habita principalmente nas illas de Haida Gwaii, no norte da Columbia Británica, mais tamén existe un grupo coñecido como kaigani haida que vive no outro lado da entrada Dixon, na illa do Príncipe de Gales, en Alasca. Os haida ocuparon Haida Gwaii hai 12 500 anos, tempo no que os rexistros fósiles e as historias ancestrais din que a primeira árbore, un Pinus contorta, chegou a SG̱uuluu Jaads Saahlawaay, a parte máis occidental do Parque Nacional Gwaii Haanas.[3]
Na Columbia Británica, o termo "nación haida" refírese tanto á xente como ó seu goberno, o Consello da Nación Haida. Os kaigani haida forman parte do goberno das tribos indias tlingit e haida en Alasca.[4] A lingua haida ten sido clasificada dentro da familia na-dené, pero adóitase considerar unha lingua illada.[5]
A sociedade haida caracterízase pola súa característica e desenvolvida arte, que é referente na arte da costa noroeste. Ademais de grandes obras de madeira (tótems), o seu tecido chilkat ou a xoiaría, tamén existen movementos de expresión populares como o manga haida.
↑Schoonmaker, Peter K.; Bettina Von Hagen; Edward C. Wolf (1997). Island Press, ed. The Rain Forests of Home: Profile Of A North American Bioregion. p. 257. ISBN1-55963-480-4.