SA é o álbum debut da cantante xaponesa Ami Suzuki, lanzado o mercado o 25 de marzo do ano 1999 baixo o selo Sony Music e producido por Tetsuya Komuro.
Pódese dicir que o álbum completo (a excepción da voz de Ami) foi obra do recoñecido produtor Tetsuya Komuro, quen tamén é membro da banda Globe, sendo tódalas letras, composicións e arranxos obras del. O álbum logrou alcanzar vendas boas para unha artista que comeza a súa carreira – aínda que xa lanzara cinco singles promocionais-, case alcanzando o límite dos dous millóns de copias vendidas só no Xapón – mundialmente vendeu uns cantos máis, pero se descoñecen cifras exactas. Un mes despois o álbum foi relanzado nunha edición mini CD. O nome do álbum provén do propio nome de Ami (Suzuki Ami).
Os singles deste álbum, que en total foron cinco, sen dúbida axudaron enormemente a que este álbum fora un completo éxito. Todos eles – dende o seu single debut "Love the island" ata o single de dobre cara A, "Don't leave me behind/Silent Stream" -, estiveron dentro do Top 5 de vendas nas listas de Oricon, con vendas que roldaron dende as 270 mil copias ata o medio millón de copias. A única cara B anteriormente incluída nun single é "Asu, Atsuku, Motto, Tsuyoku", tema que acompañou a "Love the island". Tódolos singles tamén estiveron adheridos a promocións doutros produtos, dende cámaras fotográficas a vídeoxogos.
Lista de temas
# |
Título
|
1. |
Nothing Without You
|
2. |
STORIES BEHIND
|
3. |
alone in my room
|
4. |
white key
|
5. |
ANOTHER WORLD
|
6. |
love the island
|
7. |
Don’t leave me behind
|
8. |
Boku no Shiawase (ボクのしあわせ?)
|
9. |
in my diary...
|
10. |
Asu, Atsuku, Motto, Tsuyoku (明日、あつく、もっと、つよく?)
|
11. |
PRIVATE SKY
|
12. |
all night long
|
13. |
Silent Stream
|
14. |
...smile
|
Sinxelos
|
---|
Álbums en Sony | |
---|
Compilacións de Sony | |
---|
Álbums en Avex | |
---|
Remezclas de Avex | |
---|
Sinxelos | |
---|