A sófora[1] (Styphnolobium japonicum; sin.Sophora japonica), tamén coñecida coma sófora do Xapón, árbore do mel, árbore dos pagodes, ou falsa acacia do Xapón, é unha árboreleguminosa, oriúnda do leste de Asia (principalmente da China que foi introducida no Xapón. É unha popular árbore caducifoliaornamental en Europa e nas Américas, especialmente polas flores brancas que bota a finais do verán; sendo unha floración máis serodia do que as outras árbores.
É, xunto coa Robinia pseudoacacia e a Gleditsia triacanthos, unha da tres «falsas acacias» plantadas nas vilas e cidades, especialmente dispostas en ringleiras nas rúas e parques.
Xéneros Sophora vs. Styphnolobium
Ambos os dous xéneros están na subfamilia Faboideae na familia das leguminosas Fabaceae, formalmente hai sinonimia entre ambos os dous xéneros. Mais as especies de Styphnolobium difiren de Sophora por teren perdido a súa habilidade de facer simbiose coas bacteriasfixadoras de NRhizobium nas súas raíces. E difiren do xénero relacionado Calia por seren caducifolias e teren as flores axilares, non terminais, en acios pénsiles.
Descrición
Ten fuste erecto, con semellanza á falsa acacia, introducida en Europa polo século XVIII, medra amodo de 5 a 10 m de altura, porte elegante, tronco con casca engurrada segundo liñas tortas, pólas de exemplares máis novas, son verde-brillante, as follas pinnado-compostas de 4 a 10 folíolos con peluxe, oval-lanceoladas, agudas, verde-escuras superiormente e glauco polo envés, marxes enteiras e nervaduras que se prolongan até o ápice, con fermosas flores estivais de delicado recendo, cores branco-cremosas, reunidas en acios formando grandes feixes terminais de até 25 cm, posúen un cáliz acampanado con 5 dentes, e unha corola con carena arrodeado de 2 pétalos algo separados, 10 estames ceibos, ovario supero. O froito é un legume indehiscente, de 3–6 cm de longo, carnoso, de cor verde-vítreo cando é inmaturo, e que se vira arroibado e engurrado cando vai chegando, a xeito de rosario (monoliforme) polas numerosas constricións que separan as sementes (en número de 1 a 6), que teñen forma de ovo ou ril, centimétricas, lisas e de cor parda moi escura, practicamente negra. Dito froito aínda non está chegado e fica na árbore cando este último xa perdeu a follaxe a comezos do inverno, caendo algo despois.
Comporta numerosas variedades hortícolas, como por exemplo a Styphnolobium japonicum cv. Pendula.[2] que atopamos no pazo de Lourizán.
Distribución
Especie orixinaria do leste de Asia, plantada na maioría das cidades, lugares habitados, bermas e beirís das estradas e lugares ruderalizados.[2]
Usos
Ademais do uso ornamental, ten aplicacións medicinais. Considérase especie emética[2]
↑Contribuiçao para o conhecimento citotaxonómico das spermatophyta de Portugal. IX. Cruciferae Fernandes, A., M. F. Santos & M. Queirós (1977) Bol. Soc. Brot., ser. 2, 51: 137-186.