São Bernardo do Campo[1] é a 4ª cidade do estado de São Paulo en poboación total. Fai parte da rexión metropolitana de São Paulo e destaca como unha importante cidade industrial. Cando as primeiras industrias automobilísticas se instalaron no Brasil escolleron a cidade para establecer as súas factorías.
Notas
- ↑ Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1890. ISBN 9788482893600.