O río Olt (en romanés e en húngaro; alemán: Alt; latín: Aluta ou Alutus) é un río de Romanía, un afluente da marxe esquerda do río Danubio. A súa lonxitude total é de 615 km e drena unha cunca hidrográfica de 24.050 km².
Nace nas ladeiras das montañas de Hăşmaşu Mare dos montes Cárpatos Orientais. Flúe en dirección oeste, posteriormente vira para o sur, despois atravesa transversalmente a cordilleira dos Alpes de Transilvania e desemboca no río Danubio, preto de Turnu Măgurele (30.187 hab. en 2002[1]).
Este río era coñecido na antigüidade romanesa como Alutus ou Aluta. O distrito de Olt e a provincia histórica de Oltenia, teñen o seu nome debido ao río.
O río ten moitísimos afluentes, aínda que ningún deles de grande importancia, salvo o río Oltet, no seu curso baixo, con 186 km de lonxitude e unha cunca de 2.474 km².
Notas
↑Todos os habitantes das cidades romanesas que se citan neste artigo corresponden ao censo do ano 2002.